4º Trail Heroica Sacra
- xuño 28, 2025
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou regresar a un dos trails que máis me gustan de Galicia xa que a organización, vistas e esa zona de meta é do mellor que hai. Despraceime ata Chantada para participar no 4º Trail Heroica Sacra sobre un percorrido de 33K e uns 1700m+ percorrendo a Ribeira Sacra polos concellos de Chantada e O Saviñao. Esta será a distancia máis longa a que me enfronte nun trail polo que non sei o que vai pasar ademais o tempo daba máximas de 30ºC e ía tocar sufrir.
O obxectivo sería:
- Sobrevivir a calor que ía facer.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 44º de 63.
- Posto categoría: 14º
- Tempo: 4h 55' 40''
- Ritmo: 9:07 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido saía dende Chantada e rápido nos poñemos a percorrer a contorna do rio asma ata chegar a primeira subida por viñedos que nos levaría a Bodega Castrofiz no Km 7. Baixada polos viñedos ata cruzar o rio Miño e zona nova xa que non subiriamos facendo as eses senón que imos monte a través ata a Igrexa de San Paio de Diomondi Km 10, dende alí baixada constante pola zona empedrada ata Belesar Km 12 onde se separan as distintas distancias. Subimos de novo entre viñedos ata a Adega Via Romana Km 13 e baixada por outra zona empedrada de novo a Belesar Km 14,5 para continuar bordeando o rio miño e facer unha das subidas máis inclinadas que recordo ata Nogueira do Miño Km 20,5 aprox baixada de novo ata o rio Miño para cruzalo e subir por outra zona de viñedos que nos levaría a unión coas outras distancias Km 25. Dende aí pequena zona favorable, unha nova subida e xa practicamente todo o tempo a baixar cara meta pero antes sobre o km 30 unha ultima subida ata a adega Abadía da Cova e agora si todo para abaixo ata a Praia da Cova onde estaba a meta.
Cunha distancia polo reloxo de 32,4Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Varias distancias a escoller entre 12K, 23K ou 33K. Tamén había modalidade de relevos e andaina. O día anterior trail para os cativos e o día seguinte ultra de 85K.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día da carreira.
- Servizo de gardarroupas no lugar da saída.
- Servizo de autobuses.
- Varios puntos de avituallamento intermedio e algún a maiores pola calor.
- Voluntarios ao longo do percorrido con mención especial a eses rapaces que seguramente sexa o que máis se agradece polos ánimos que dan.
- Percorrido moi entretido e vistas espectaculares da Ribeira Sacra.
- Avituallamento final completo.
- Non sei se había duchas en Chantada pero na zona de meta está o río ao lado e non hai problema.
- Festa final con embutido, paella e bebida.
- Agasallo dunha bolsa, unha botella de sidra, bolsa de pan, barrita e un chaleco técnico.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Pola zona do rio Asma, había un punto perigoso cun cable de ferro onde un do corredores tropezou con el e caeu.
- Polo Km 21 houbo un problema de marcaxe que polo visto como pasa sempre hai xente que lle gusta quitar ou cambiar de sitio as cintas.
- Non había xamón como o ano anterior.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alberto Villamor Roibás ... 3h 20' 19''
- Diego Miguez Alvarez ... 3h 27' 31''
- Marcos A. Pascual Fidalgo ... 3h 29' 55''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Rosa Mª Araujo Losada ... 4h 17' 50''
- Lucía Peón Santomé ... 4h 18' 05''
- Dorina Alina Cimpean ... 4h 24' 55''
