V Sin Son 10K
- decembro 18, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Última
carreira antes do parón navideño e de cerrar o ano coa San
Silvestre. Tocou desprazarse ata Porto do Son onde se ía celebrar a V Carreira Sin-Son 10K sobre
unha distancia de 10 km aprox. e este
ano como atractivo estaba a participación de Martín Fiz.
O circuíto
sería o mesmo que os últimos anos polo que teríamos que dar un
pequeno rodeo ao porto de Portosín e logo cubrir a distancia que une
Portosín con Porto do Son.
Chegaba cos obxectivos de seguir coas
boas sensacións das últimas carreiras onde cada vez me vou atopando
mellor, desfrutar da carreira e do ambiente e intentar mellorar o
tempo de fai dous anos (36:32 min.) xa que o ano pasado non fun capaz
de logralo.
Unha vez cheguei a Porto do Son e baixei do coche, xa vin
que hoxe había que ir rápido, non porque me atopara ben senón polo
frío que estaba a facer!
Como o dorsal xa o tiña recollido días
antes na tenda de Pedro Nimo en Santiago de Compostela, fun para o
autobús que nos levaría a Portosín coa sorte de que coincidín con
compañeiros de equipo e fun con eles, mentres ían tomar o café e
facer tempo para cambiarse e poñerse a quecer.
Chegado o momento,
media hora antes porque o gardarroupas ía cerrar cámbiome e
rapidamente me poño a quecer porque estaba a facer moito frío.
Tras
ser chamados para a saída, colócome coma sempre bastante adiante
para non molestar moito as gacelas. Polo que me quedo a altura do
globo de 40' que co aire me batía seguido na cabeza...
O encargado
de dar o pistoletazo de saída sería o gran David Vidal e eu
intentaría facer unha boa saída para coller rápido o ritmo e
evitar as aglomeracións que se dan na zona do porto.
Arranca a carreira e teño unha mala saída, non atopa sitio por onde avanzar e apiques
estiveron de tirarme e ao globo de 40' tamén polo que a zona do
porto a tomei con máis calma e me quedei detrás do globo, embotellado sen dar gañado posicións ata completar a volta e volver
encarar a saída que foi cando comecei a gañar postos e a impoñer o
meu ritmo.
Durante a volta que se da en Portosín foi onde máis
postos gañei e como de momento estaba fresco e con forzas, impuxen un
ritmo forte para seguir avanzando xa que as sensacións que tiña
eran moi boas.
Así fun tirando todo o tempo e non sentía que as
forzas foran a menos e os corredores que ía adiantando se ían
poñendo detrás miña para seguir o meu ritmo.
No paso polo km 5
onde estaba situado o control de paso marco un tempo de 18:33 min que
equivale un ritmo de 3:43 min/km e pasando no posto 53º.
Seguíame
atopando moi ben pero notaba que os que viñan por detrás comezaban
a pasarme e como se de ataques ciclistas se tratara, a cada un que quería
adiantarme saía eu detrás del para collerlle o ritmo, algo que non
estou acostumado a facer pero como me atopaba ben, intentei facer esa
estratexia a ver ata onde daba aguantado.
Xusto antes da zona máis
dura onde tiñamos unha zona de subida constante, lanzo un ataque
para gañar algo de distancia cos perseguidores porque sabía que se
seguía no grupo, na costa me ían pasar todos.
Tras subir con máis
sufrimento do esperado e perder algunha posición intento recuperar o
máis pronto posible, aínda que non son capaz e comezo a perder
posicións xa que cando intento manter o ritmo dos corredores que me
estaban a pasar comezaba a notar dor na zona abdominal, como se me
quixese dar flato debido ao esforzo que estaba a realizar.
Tardo
sobre un km en recuperarme de todo e xa restaban menos de un km para
chegar a meta polo que intento dar o que me quedaba nas pernas e
encarando a meta lanzo un sprint para recortar algo de tempo e gañar
dúas posicións antes de chegar a meta, un deles resultou ser Yayo Daporta.
Estes últimos 5 km fágoos en 18:04 minutos que
equivale un ritmo de 3:37 min/km, máis rápido que os primeiros 5 km
polo que a carreira de menos a máis a pesar de que os 2 últimos km
ía fundido de todo.
O
resultado final foi:
- Posición xeral: 50º de 1445.
- Posición categoría: 18º.
- Tempo: 36:40 minutos.
- Ritmo: 3:39 min/km.
Os
obxectivos, a pesar de quedarme a 8 segundos de igualar a mellor
marca nesta carreira dounos por cumpridos porque non esperar render
tan ben e quedarme tan cerca da marca, ademais as sensacións durante
a carreira foron moi boas e desfrutei moito coa estratexia seguida,
dándome a sensación de pelotón de ciclismo, sendo eu o líder e
saíndo a todos os ataques para que non se escapasen.
Como
anécdota, ao rematar a carreira veume un dos corredores e chamou por min, eu queime
sorprendido porque non sabía quen era e resultou que me coñecía
polo blog, algo que me alegrou xa que polo menos sei que hai xente
que o lee. 😁
En
canto a carreira, organización case perfecta porque houbo un
problema coas bolsas do corredor e houbo un grupo de xente (eu un
deles) que non sabía onde había que recollela e pensando que se
daba ao final como sería o normal e como fixeron o ano pasado pois
desta vez había que recollela en Portosín e tivemos que estar
esperando a que abriran a estrada para que as puidesen traer a Porto
do Son e recollela. Algo que se solucionaría dando a bolsa do
corredor ao recoller o dorsal porque desta maneira non ten sentido
recoller o dorsal anticipado se recollendo o día da carreira xa che
dan o dorsal e a bolsa.
Polo
resto para min todo ben, o tema das duchas que podería ser outro
tema a arranxar pero pasa como en todas as probas, moita xente e
poucas duchas e a auga cada vez mais fría. 😱
Para
o ano intentaremos ser da partida para baixar esa marca a ver se é
verdade que a terceira vai a vencida!! 💪
🏆 Clasificación
xeral homes 🏆
- Manuel Penas Blanco ........................ 30:20
- David Santos Dominguez .................. 30:29
- Pedro Nimo Del Oro ......................... 30:37
🏆 Clasificación
xeral mulleres 🏆
- Esther Navarrete Santana .................. 35:34
- Paula Mayobre Gonzalez .................. 35:35
- Rocio Alvite Ferreiro ........................ 36:44
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Andrea Carleos, RunPhotos Galicia. Moitas Grazas!! 👏👏
0 comments