IV San Silvestre Compostelana
- decembro 31, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Acábase
o ano e toca disputar a última proba do ano, para iso desprázome
ata Santiago de Compostela onde se celebra a IV San Silvestre
Compostelana sobre unha distancia de 5,5 km aprox.
O circuíto sería
novo, saíndo dende a Praza do Obradoiro, rematando no mesmo sitio e
percorrendo a zona vella e a Alameda.
Os obxectivos serían desfrutar
do ambiente festivo e da carreira, ademais intentaría quedar o
mellor posible a diferenza do ano pasado onde só fun a trotar un
pouco.
Unha vez cheguei e consigo aparcar, xa me cambio e vou para o
lugar da saída a trote e así xa aproveitaba e ía quecendo.
Polo
comiño sentíame observado xa que ía disfrazado de Mamá Noel,
había xente que se ría e me saudaba, sobretodo os turistas.
Cando
conseguín chegar a Praza do Obradoiro xa me sentín máis cómodo
porque o raro era ver a xente sen disfraz.
Cando fomos chamados para
a saída, vou rápido para poder colocarme ben e non quedar moi
atrasado. Tras o “show pirotécnico” onde nos desexaban Feliz
2017 e onde houbo o perigo de que ardera o arco de meta, dáse a
saída.
Cústame arrancar e ao haber tanta xente tomo con máis
precaución, vou perdendo posicións pero non pasaba nada que aínda
quedaba moita carreira.
Tras os primeiros metros comeza a haber máis
espazos e comezo a tirar e a gañar posicións.
Todo foi ben ata a
altura da Praza de Galicia, o esforzo de correr tamén pola mañá
comezaba a pasar factura e xa comezaba a notar bastante cansancio, aínda así sigo tirando forte sen saber o que quedaba por subir xa
que nunca fora pola Rúa de Entremuros, bueno minto, só chegara ata
onde está o Tarasca pero por motivos non deportivos 😁.
Esa pendente
chegoume ben e a partir de aí deixeime levar e intentando que os
perseguidores non me alcanzasen pero as pernas dixeron basta e o
último km xa fun máis relaxado e desfrutando de toda a xente que
estaba animando pola zona vella.
O
resultado final foi:
- Posición xeral: 53º de 1787.
- Posición categoría: 52º.
- Tempo: 20:48 minutos.
- Ritmo: 3:47 min/km.
Os
obxectivos ben, xa que aínda que sufrín máis do esperado e non
contaba con tantas subidas, desfrutei moitísimo do ambiente e de
toda a xente que estaba animando e aínda que me relaxei no último
km o ritmo que marquei bastante ben, conforme.
Como
anécdota, había partes da carreira onde ía saudando a os rapaces
pequenos que animaban e zonas polas que a min me pegaba a risa xa que
escoitaba os comentarios da xente cando pasaba.
Posiblemente foi unha
das carreiras nas que máis desfrutei do ambiente, incluso cando
volvía cara o coche había quen me seguía animando.
En
canto a carreira, máis dura do que esperaba pero ben organizada, con
voluntarios nos cruces para parar coches e a xente non se cruzase no
medio do circuíto e ao final chocolate para todos aínda que eu non
collín.
🏆 Clasificación
xeral homes 🏆
- Pedro Nimo Del Oro .................. 17:36
- Diego Barreiro Carneiro ............ 17:47
- Arturo Ramos Rey ..................... 17:55
🏆 Clasificación
xeral mulleres 🏆
- Raquel Suárez Pedrosa .............. 20:03
- Inés Castaño García ................... 21:06
- Esther Pedrosa Carrete .............. 21:14
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía da Organización da San Silvestre de Santiago. Moitas Grazas!!! 👏👏
0 comments