Campionato Galego de 5K en ruta 2016 (Curtis)
- xullo 02, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Chegou
o dÃa de comprobar como vai o proceso de recuperación, por iso
participarei no Campionato Galego de 5km en ruta e a súa vez na III
Carreira Popular de Curtis. Os obxectivos serán intentar conseguir
MMP na distancia e para iso terei que baixar de 18:15 min que
conseguira o ano pasado en A Estrada e intentar subir ao podio
na popular. Sei que vou ter moi complicado os dous obxectivos xa que
non chego nas mellores condicións pero por intentalo que non quede.
Cheguei con tempo de sobra xa que era a primeira vez que estaba en
Curtis. Ao chegar recollÃn
o dorsal e vexo as carreiras dos menores mentres chegaba a hora de
poñerme a quecer. Unha vez chegado o momento, poño o dorsal
e comezo co quecemento dando unha volta ao circuÃto (na
carreira serán dúas voltas)
para ver as caracterÃsticas e xa me din de conta que habÃa un falso
chan
que picaba cara arriba que na segunda volta nos Ãa facer sufrir.
Regreso cara a zona de saÃda para pasar pola cámara de chamadas e
esperar a que se dea a saÃda.
Coloquei bastante adiante para buscar
a marca e tras darse o pistoletazo de saÃda arrancamos, desde o meu
punto de vista moi rápido, xa que me custaba aguantar o ritmo nos
primeiros metros mentres perdÃa
posicións. Ata o km 1,5 non comecei a gañar posicións pero moi
lentamente ata que intento acomodarme nun grupo para ir a un ritmo
progresivo. Ao paso pola primeira volta escoito a un do grupo que
dimos a primeira volta en 9:10 min polo que terÃa que facer a
segunda volta máis rápido
para poder mellorar a miña marca.
Intento seguir no grupo pero xa
comezo a notar moito cansancio e a sensación de que as pernas non
van, acompañado dunhas ráfagas de vento que non axudan nada. Pouco
a pouco voume descolgando do grupo e comezo a perder algunha
posición. No km 4 aprox. miro cara atrás e vexo que tiña ao
seguinte corredor con marxe
suficiente polo que só quedaba chegar a meta aumentando o ritmo nos
últimos
300 metros para asegurar posición.
O
final na
clasificación do campionato galego quedei de 58º de 128 e 16º da
categorÃa e na clasificación da popular quedei de 19 de 89 e 5º da
categorÃa, con un tempo de 18:52 min que equivale a un ritmo de 3:46
min/km. Os obxectivos ao final non conseguÃn ningún xa que non
logrei baixar a marca e tampouco conseguÃn chegar ao podio pero era
de esperar levando só un mes adestrando e con moita precaución.
En
canto a carreira foi durilla xa que me esperaba algo máis plano
porque
tiña un pequeno repeito e un falso llano longo que picaba cara
arriba que
sumado co vento facÃa perder tempo. O avituallamento moi completo
con froita, auga e chocolatinas, o agasallo dunha gorra e as duchas
ao carón da saÃda. Moi ben organizada a carreira.
Volverei
sempre que sexa campionato galego ou queira intentar facer MMP xa que
desprazarme 80 km para correr 5km non compensa moito.
Clasificación xeral campionato galego homes:
- Nicolas Arrojo Fernandez ................ 15:47
- Oscar Bujan Rodriguez .................... 15:54
- Ruben Caamaño Nieto ..................... 15:59
Clasificación xeral campionato galego mulleres:
- Rocio Alvite Ferreiro ...................... 18:20
- Barca Toba Suarez .......................... 19:05
- Claudia Blanco Olivares ................. 19:31
Clasificación xeral popular homes:
- Amador Pena Torreira ..................... 16:00
- Amadeo Abal Chaves ...................... 16:07
- Miguel Penedo Taboada .................. 16:38
Clasificación xeral popular mulleres:
- Rocio Alvite Ferreiro ....................... 18:20
- Tina Fernandez Barreiros ................. 19:35
- Noemi Moral Navazo ....................... 20:47
PD:
Fotos cortesÃa de Atletismo Rúa. Grazas!!
0 comments