I Carreira do Salmón e Campionato Galego de 5K 2015 (A Estrada)
- maio 10, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Hoxe tocou carreira
preto da casa e despraceime ata A Estrada onde se disputaba a I
Carreira do Salmón e unha hora despois o Campionato Galego de 5 km
en ruta nun circuíto de dúas voltas.
O obxectivo na
carreira popular será o de prepararme para o campionato de despois,
ver que tal está o circuíto e si se pode, subir ao podio. Logo no
Campionato o obxectivo será o de dar todo o que lle queden as pernas
e intentar quedar o mellor posible xa que aí non teño opción de
subir ao podio.
Tras ver a carreira
dos menores, púxenme a quentar e saudar a algún compañeiro do
equipo que andaba por alí e despois de poñernos na saída e comezar
a carreira xa me din de conta que ía ser dura. Saín forte xa que ao
ser só 5 km había que ir forte todo o tempo pero cando vin que
íamos no km 1 e eu xa me empezaba a cansar foi cando me decatei que se me ía facer larga a carreira. Ao paso pola primeira volta ía
“cómodo”, aguantando o ritmo do grupo no que me quedei porque
non quería forzar máis xa que despois tería que volver a correr.
Cando faltaba 1,5 km para a meta empecei a baixar ritmo por falta de
forzas e intentando reservar algo para despois, aínda así estiven a
piques de gañar unha posición máis na recta antes de meta pero o
outro atleta subiu o ritmo e eu pasei de intentalo.
O final posto 8º e
3º da categoría, novo podio que se non tivese que volver a correr
despois podería acadar mellor resultado pero conforme, con un tempo
de 18:15 o que equivale a un ritmo de 3:39.
O circuíto que a
priori era plano resultou ser un pouco falso e tiña rectas nas que
se notaba como subías e se lle sumamos o calor e algo de aire o
final provocaba bastante desgaste nas pernas.
Agora toca descansar
unha hora para volver a correr pero desta vez no Campionato Galego.
.jpg)

O final posto 99º e
29º da categoría con un tempo de 18:58 o que equivale a un ritmo de
3:48. Fixen 43 segundos máis que na popular así que creo que
bastante ben tendo as dúas carreiras seguidas e sendo a primeira vez
que compito nos 5km homologados. En canto aos obxectivos das carreiras creo que se pode decir que superados, novo podio e as poucas forzas que me quedaban foron utilizadas no campionato, puido estar mellor pero hai que seguir adestrando para mellorar.
Como conclusión,
fixen mal facendo as dúas carreiras ou organicei mal como facer as
carreiras seguramente fora mellor que fora a tope durante a popular
que de momento é ao que aspiro e así conseguir mellor posición e
ir ao campionato para aprender e ver desde dentro o nivel que hai
pero sen intentar conseguir nada e así para o ano se todo vai ben e
sigo mellorando poder estar máis cerca dos de adiante.
0 comments