II Carreira Camiño das Letras
- maio 16, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou
desprazarse ata Santiago de Compostela onde se disputaba a II
Carreira Camiño das Letras con un circuíto que ía dende Lavacolla
ata o Monte do Gozo de 8,5 km.
O obxectivo na
carreira sería coma sempre desfrutar, sobre todo do tramo do Camiño
Francés no que sempre te atopas con peregrinos que te animan e sendo
máis ambicioso, intentar subir ao podio nunha carreira dura na que
participei o ano pasado pero que por saír de festa o día anterior e
chegar xusto cando xa se ía dar a saída o pasei mal durante toda a
carreira, así que teño que mellorar o resultado do ano pasado no
que conseguín chegar no posto 41 con un tempo de 40:56.

Unha vez chegados ao
Monte do Gozo xa collín o primeiro bus que me levaría a Lavacolla
onde se atopaba a saída, unha vez chegados alí como aínda faltaba
moito para darse a saída tiven tempo de descansar e recordar como
era o recorrido para ir atacando e reservar forzas. Cando a xente
empezaba a quentar eu tamén me puxen, xa que había que quentar ben
pola dureza do percorrido. Tras darse o pistoletazo de saída,
intentei ir no grupo de cabeza que nos primeiros metros seríamos
sobre uns 20/30 corredores pero que tras a primeira das costas xa se
foi estirando o grupo e os tres de cabeza xa se ían do resto.
O final posto 4º de
137 e 1º da categoría, novo podio para seguir coa racha e desta vez
moi preto de subir ao podio xeral, así que moi contento con este
resultado nunha carreira moi dura, con un tempo de 32:53 o que
equivale a un ritmo de 3:52.O final conseguín
os obxectivos da carreira e mellorei bastante o resultado do ano
pasado polo que se deduce que a festa e correr ao día seguinte non
son compatibles.
Resumindo é unha
carreira moi dura con constantes subidas e baixadas fortes pero que
está moi ben organizada, un circuíto fermoso cos peregrinos
animando e con moi bo avituallamento final, seguro que para o ano
repito e a ver se dou mellorado o resultado e intentar gañar o trofeo que só dan aos 3 primeiro xa que por categoría dan un lote de libros.
0 comments