XII Carreira Virxe da Guía
- maio 17, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou
desprazarse ata Carreira (Ribeira) onde se disputaba a XII Carreira
Popular Virxe da Guía con un circuíto de 10 km.
O obxectivo na
carreira sería en principio desfrutar xa que esta é a segunda
carreira do finde e as pernas están algo cansas pero unha vez que me
poña as zapatillas e me cambio xa non hai dor nin cansancio e sempre
se intenta dar o mellor polo que como sempre intentarase subir ao
podio que ultimamente non me baixo del e a ver se podo seguir coa
racha.
Día de calor que se
facía agradable para correr e para que o público animase aínda
durante o transcurso da proba fixo bastante aire.
Unha vez chegados
alí, cambieime, púxenme a quentar e a saudar a coñecidos e
corredores que coma min hoxe estaban a dobrar carreira neste finde.
Tras colocarnos na saída, comezou a carreira, coloqueime bastante
adiante para saír ben e non ter que forzar moito para gañar
posicións xa que polo que me dixeran era un percorrido bastante
duro. Os dous primeiros km fíxenos máis tranquilo para que as
pernas se foran quentando ben, a partir de aí empecei a apertar e a
gañar posicións, sobre todo nas costas que parece que é o meu
punto forte e máis se mentres estamos a subir nos teñen escritas
palabras para que continuemos apertando como cando soben os portos de
montaña os ciclistas, moi bo detalle ese.
Antes do paso polo
avituallamento adianteille ao corredor que onte na carreira das
letras de Santiago quedou de terceiro, isto motivoume bastante polo
que seguín apertando a ver se daba collido ao seguinte corredor pero
as pernas empezaron a fallar e sumando o vento que viña todo de
fronte facíame máis complicada a progresión polo que nos dous
últimos km me adiantaron dous corredores e porque o seguinte viña
moito máis atrás senón seguro que me pasaban máis, cheguei nas
últimas pero cheguei.
O final posto 10º
de 110 e 2º da categoría, novo podio para seguir coa racha pero
sabendo que podía dar máis se non fora competir onte na Carreira
das Letras así que moi contento con este resultado nunha carreira
moi dura, con un tempo de 38:09 o que equivale a un ritmo de 3:49,
conseguindo os obxectivos marcados para esta carreira sobre todo o de
desfrutar xa que me encanta correr con vistas ao mar.
Polo visto cada ano
nesta carreira se lle fai unha homenaxe a alguén este ano durante a
entrega de premios fíxose unha homenaxe a Matías Regueira Boo pola
súa traxectoria deportiva.
Resumindo é unha
carreira moi dura con constantes subidas e baixadas fortes pero que
está moi ben organizada, un trato ao corredor excelente, moi bo
avituallamento final con bocadillos de nocilla e un circuíto bonito
con vistas ao mar. Seguramente volva participar nesta carreira e
intentar mellorar o resultado.
0 comments