III Barbantia Cross
- maio 24, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou
desprazarse ata Boiro, onde se disputaba a III Barbantia Cross con un
circuÃto de 11 km aproximadamente.
O obxectivo na
carreira será desfrutar, xa que en principio descarto o podio porque
non adestrei toda a semana por molestias en ambas pernas pola zona da
tibia e onte deume unha baixada de tensión ou algo asÃ, polo que
haberá que ir con precaución pero se o final todo vai ben, apertaremos algo a ver ata onde se da chegado e si consigo entrar nos
15 primeiro mellor xa que ganarÃa a medalla.
Unha vez chegados
alÃ, cambieime, púxenme a quentar e a saudar a coñecidos e
corredores que cada vez me coñecen máis, algún dos corredores
avisoume que a carreira Ãa ser dura. Tras colocarnos na saÃda,
comezou a carreira, coloqueime bastante adiante para saÃr ben con un
ritmo tranquilo pola baixada de tensión do dÃa anterior e por
precaución, asà fun os dous primeiros km xa que non querÃa que me
dera outro baixada de tensión ou algo polo estilo.
O que me sorprendeu
é que as molestias que tiña nas pernas, unha vez se empezou a
carreira desapareceran, non sei o motivo pero mellor asÃ. Pasados os
primeiros km con precaución decidÃn empezar a apertar e comecei a
pasar corredores con calma xa que non habÃa moito sitio onde pasar, xa que ao correr por monte hai un camiño feito e vaise por el e se te
saes dese camiño xa tes que pelexar coa vexetación e ter máis
coidado de onde se pisa.
Resumindo é unha
carreira moi entretida que está entre cross e trail, máis dura do
que me esperaba pero moi ben organizada e sorprendente avituallamento
onde deron o de sempre froita e auga e a maiores cervexa, empanada,
mexillóns e callos. Posiblemente volva para mellorar o resultada e
ver que pasarÃa se fora forte dende o comezo da proba.

0 comments