V Nocturna Estradense

Apiques de facer 3 anos como corredor popular chego a cifra das 100 carreiras e para iso desprázome ata A Estrada onde se ía celebrar a V Nocturna Estradense sobre unha distancia de 8 km, dividido en dúas voltas polas calles do centro de A Estrada. 
Os obxectivos serán seguir collendo ritmo xa que é a última proba antes do Campionato Galego de 5km en ruta e sobretodo desfrutar do ambiente xa que ao ser as festas patronais, esperase moita xente animando polas calles. 
Cheguei para ver algunha das carreiras dos menores e xa me puxen a quecer un pouco porque en breves nos ían chamar para a saída. Cando fomos chamados coloqueime adiante pero máis atrasado do que tiña que estar porque xa non daba avanzado máis. A saída foi espectacular, con un espectáculo pirotécnico e confeti do que non son moi partidario, xa que me costa ver con todo iso voando por aí.


Tras darse a saída, fun con precaución de non caer porque os primeiros metros eran estreitos e sentín como o tomei con moita calma xa que estaba a perder moitas posicións pero mellor era non caerse e seguir na carreira.


Unha vez pasados os primeiros 500 m xa se podía empezar a marcar un ritmo máis rápido e a comezar a remontar. Así foi, comecei a gañar moitas posicións que perdera na saída e empecei a marcar un ritmo de cruceiro mentres desfrutaba da carreira con xente animando por case todas as partes do circuíto, iso fixo que cada vez fora un pouco máis rápido. 
Así ao paso pola primeira volta marquei un tempo de 15:23 min que equivale a un ritmo de 3:51 min/km.

 

Sentíame ben, tanto de pernas como de cabeza, polo que mantiven a velocidade de cruceiro xa que seguía gañando posicións. 
A falta de dous km mirei cara atrás e vin que non viña ninguén cerca polo que a carreira xa estaba feita pero na recta de meta vendo que me estaba acercando ao seguinte corredor decidín facer un pequeno sprint a ver se daba chegado (creo que dende antes de lesionarme en Xaneiro, non facía un sprint na recta final) e que finalmente consigo gañar unha posición máis aínda que esta segunda volta a fixen un pouco máis lento 15:36 pero o cansancio ten que chegar nalgún momento.


O final acadei o posto 43° de 221 e 18° da categoría con un tempo de 31:06 min que equivale a un ritmo de 3:52 min/km. Os obxectivos cumpridos, o ritmo parece que xa se vai collendo aínda que sei que falta moito adestramento pero hai que ir pouco a pouco e a carreira foi espectacular, con moita xente animando que fai que se desfrutei máis.
En canto a carreira, moi vistosa e rápida con só unha costa de importancia pero que se leva ben. A saída con espectáculo pirotécnico, confeti e sobre o km 2 máis fogos artificiais e moito público animando que sempre se agradece.

Clasificación xeral homes:
  1. Amadeo Abal Chaves ................. 26:01
  2. Iván Roade Lago ........................ 26:10
  3. Amador Pena Torreira ................ 26:49
Clasificación xeral mulleres:
  1. Genma Hidalgo Murciano ........... 32:07
  2. Isabel Saez Batallan .................... 32:17
  3. Rocio Carbia Lojo ....................... 34:13
PD: Video e fotos cortesía de Runphotos Galicia. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments