I Carreira Solidaria CX Don Bosco SOS Siria

Hoxe tocou desprazarse ata Santiago de Compostela, onde se ía celebrar a I Carreira Solidaria CX Don Bosco – SOS Siria, nun circuíto ao que teríamos que dar dúas voltas ata completar a distancia de 5,2 km. O obxectivo será intentar chegar ao podio, xa que imos ser poucos corredores pero a ver como me atopo, aínda que o máis importante desta carreira será colaborar coa asociación na elaboración dun campamento para @s nen@s de Siria. 
Unha vez que cheguei a zona da carreira, no Barrio de San Pedro, recollín o dorsal, din unha pequena volta polos arredores para ver como ía ser a zona pola que íamos correr e xa vin que ía ser dura con algunha costa importante e xente que ía correr tamén comentaba o mesmo, polo que decidín dar a primeira volta algo máis conservador para comprobar todo o circuíto e na segunda atacar o que puidese. 
Na saída coloqueime adiante para saír con un ritmo constante desde o principio e así foi, aínda que nos primeiros metros como de costume perdín algunha posición, rápidamente comecei a recuperalas e a marcar o meu ritmo.


Mentres gañaba posicións, fun comprobando o percorrido e era un continuo sube e baixa, incluso un tramo con algo de perigo porque era en baixada, estreito e había coches aparcados que o facían máis perigoso, tamén porque había que baixar por unha escaleiras que saían ao parque de Belvís e era fácil caer se non calculabas ben as zancadas. Tras o paso pola primeira volta sentíame cómodo e sen cansancio polo que decido incrementar o ritmo.


A segunda volta fun máis rápido ou esa era a sensación que tiña e gañei un par de posicións, apertando nas costas e baixando intentando recuperar un pouco o desgaste das costas. Na recta final escoitaba pasos que viñan por detrás polo que tiven que esprintar uns 200 metros por precaución para non perder ningunha posición e apiques estiven de gañar un posición máis pero xa se acabara a carreira.


O final posto 6º de 69 e 1º da categoría, con un tempo de 19:32 min que equivale a un ritmo de 3:45 min/km. Os obxectivos ao final cumpridos xa que me sentín moi ben durante a carreira e aínda que me quedei sen premio porque non sei que pasou coas medallas e só deron aos vencedores absolutos das carreiras, logrei ser primeiro da categoría. 
En canto a carreira foi dura, continuamente subindo e baixando, moi ben organizada, percorrendo calles do barrio de San Pedro, do Parque de Belvís e esperando unha nova edición para poder participar e así colaborar coa asociación que era o máis importante desta nova carreira.
Dar a noraboa a Pablo Cerdeira, que na súa terceira carreira acadou o posto 23º de 69 e foi 10º da categoria con un tempo de 23:00 e un ritmo de 4:25 min/km.

Clasificación xeral homes:
  1. Miguel Cabo Villaverde ........................ 18:48
  2. Miguel Anxo Nogueira Pérez ............... 19:02
  3. Carlos Campos Vazquez ....................... 19:18
Clasificación xeral mulleres:
  1. Belen Bascoy Cao .............................. 22:12
  2. Natalia Seoane Otero .......................... 23:30
  3. Belen Veloso Rodriguez ..................... 24:25
PD: Fotos cortesía do Centro Don Bosco. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments