V Carreira Cross Popular do Nadal
- decembro 26, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou desprazarse ata Riveira para disputar a V Carreira Popular do Nadal “Campo a través” sobre unha distancia de 6 km aprox. nun circuÃto ao que terÃamos que dar 3 voltas percorrendo: pista, herba e zona de monte.
Os obxectivos serán desfrutar, xa que este tipo de probas non son moi abundantes e estrear as novas zapatillas de cross para ir afacéndome a elas de cara a posibles probas e campionatos de cross.
Unha vez cheguei as pistas de atletismo de A Fieiteira en Riveira, recollÃn o dorsal, cambieime e decidÃn que zapatillas usar xa que vin a moitos dos que Ãa participar con zapatillas normais ou de trail, ata que vin a algún que Ãa usar cravos e decidÃn poñelos eu tamén. Tras un pouco de quecemento deuse a saÃda.


Na última volta apenas gañei posicións e intentei alcanzar a outro participante que levaba por diante na zona do monte, non fun capaz xa que levaba moita vantaxe e ao chegar a parte final na zona da pista e da herba decidÃn conservar a posición e aguantar o ritmo para que non me collera o que viña por atrás.
O final posto 17º de 124 e 9º da categorÃa con un tempo de 25:30 minutos o que equivale a un ritmo de 4:15. Os obxectivos cumpridos xa que desfrutei moito desta proba, con moi boas sensacións e as zapatillas resultáronme moi cómodas polo que espero que me dean bos resultados en futuros campionatos de cross.
Resumindo, gran carreira e gran organización a do club Santa UxÃa Atletismo, seguramente volva a disputar esta carreira xa que me gustou moito o circuÃto realizado tendo de todo, zona técnica, zona rápida e pasando por tartán, herba, monte.
PD: Fotos cortesÃa de Santa UxÃa Atletismo e Ramón Pérez. Grazas!!
0 comments