XVI Carreira Popular Concello de Pontecesures

Desta vez tocou desprazarse ata Pontecesures onde se celebraba a XVI Carreira Popular Concello de Pontecesures sobre unha distancia de 4 km aprox. 
Os obxectivos serán baixar o tempo que marquei o ano pasado que está en 13:50 minutos e intentar subir ao podio, xa que na pasada edición me quedara a un posto de poder subir. 
Unha vez cheguei a Pontecesures, fun recoller o dorsal, puxenme a quentar porque ía co tempo algo xusto e cando fun cara onde se daba a saída, xa se estaban colocando os participantes polo que cheguei xusto para coller bo sitio. 
Cando se deu comezo a proba, arranquei forte pero controlando un pouco porque recordaba do ano pasado que na metade do circuíto, había un par de pendentes que che podían desfacer si chegabas xusto de forza. 

Así tras eses dous km controlando, cando comezou a subida empecei a dar zapatilla e a tirar moi forte. A pesar de correr tamén pola mañá no Cross de Riveira atopábame bastante cómodo e con boas sensacións, así nese treito de subida conseguín gañar moitas posicións e gañar algún espazo que seguro que cara a recta final me viña vir ben. Antes de encarar a recta final, gañei un posto máis xa que eu estaba correndo moi forte, como se fora case a sprint. 

Na recta de meta o seguinte participante tíñame unha vantaxe considerable polo que ía controlar para que non me pasara ninguén por atrás pero xusto cando pensei iso, vin como outro corredor se me poñía a par e comecei a facer un sprint parecido ao da Carreira de Forcarei e que conseguín que o corredor que se me puxera a par, se quedara atrás sen poder disputarme a posición e facendo que o atleta que levaba por diante tivera que apertar porque senón tamén o ía pasar, a pesar de que uns metros atrás a súa vantaxe era suficiente.
 



O final posto 6º de 145 e 4º da categoría (como os premio non son acumulativos resulta que fun 2º da categoría), con un tempo de 13:25 minutos o que equivale a un ritmo de 3:21. Os obxectivos cumpridos xa que conseguín baixar o tempo do ano pasado en 25 segundos e subir ao podio como 2º promesa-sénior.


Resumindo, carreira moi rápida e que a vez se fai dura polas costas que ten na metade de carreira que che poden romper o ritmo, boa organización a pesar de que tiveramos que esperar cerca de unha hora para a entrega de premios pero polo resto moi ben. 



Por certo que ao final fumos dous integrantes do Club Deportivo Pinarium os que conseguímos chegar ata o podio, eu como 2º Sénior e Manuel Carreira como 3º Veteranos A.
PD: Fotos cortesía do Concello de Pontecesures. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments