XXV Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira

Tocou participar na segunda proba do Circuíto Barbanza Arousa que neste caso sería a Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira cunha distancia de 10Km, dando dúas voltas ao circuíto marcado. Percorrido que coñezo ben xa que esta sería a miña 8ª participación nesta proba.

Os obxectivos serían:

  • Intentar quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto.
  • Modo test para o 10K de Ames

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 24º de 252.
  • Posto categoría: 8º
  • Tempo: 35' 47'' min.
  • Ritmo: 3:34 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido saía a altura do Mercado Municipal poñendo rumbo a meta para dar dúas voltas ao circuíto. Un circuíto practicamente chan cun pequeno repeito e collendo o paseo da Praia do Coroso onde se fai un xiro de 180º e volvemos practicamente polo mesmo camiño ata meta.

Cunha distancia polo reloxo de 10,1Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Zona para aparcar máis ou menos fácil.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Avituallamento intermedio con auga.
  • Avituallamento final completo.
  • Servizo de duchas en dúas zonas, no Complexo Deportivo da Fieiteira a 1Km ou no Centro de Raqueta Santa Uxía a 2Km dende a meta.
  • Sorteos entre os corredores que se queden a entrega de premios.
  • Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Non notei nada en falta pero si que estaría ben que recuperaran a homologación do percorrido xa que aínda que hai varios xiros que rompen un pouco o ritmo e un pequeno repeito é un percorrido moi rápido para facer bos tempos.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Hugo García Souto ... 32' 48''
  2. Pablo Otero Fariña ... 32' 54''
  3. Juan A. Gude Vila ... 33' 08''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Santos Domínguez ... 35' 30''
  2. Soledad Leiro López ... 39' 09''
  3. Carol Santos Villalón ... 39' 51''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments