I Cross Nocturno de Brión

Toca desfrutar dunha nova carreira e nova experiencia. Esta será a primeira vez que faga unha carreira polo monte de noite e con luz frontal. Despraceime ata Brión para participar no I Cross Nocturno de Brión sobre un percorrido de 12Km, con pouco desnivel e bastante corrible polo que é o perfecto para probar a correr de noite polo monte.

Os obxectivos serían:

  • Desfrutar desta nova experiencia.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 12º de 108.
  • Posto categoría: 3º
  • Tempo: 53' 55'' min.
  • Ritmo: 4:41 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido saía dende o campo de fútbol de Brión e tras darlle unha volta imos por unha pista de asfalto ata que chegamos ao monte. Xa no monte non tiña moita complicación, nin zonas técnicas e apenas desnivel polo que era idóneo para probar esta experiencia nocturna. Fomos alternando monte con algún tramo de asfalto polo que se pode ir bastante rápido. 

Cunha distancia polo reloxo de 11,6Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
  • Voluntarios nos puntos máis conflitivos.
  • Marcaxe do percorrido perfecto, creo que era imposible perderse e iso que era de noite.
  • Avituallamento intermedio completo.
  • Avituallamento final completo.
  • Servizo de duchas no propio campo de fútbol.
  • Cea final con empanada, callos e bebida a que se podía traer acompañantes por 6€ cada un.
  • Agasallo dunha luz frontal.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Nada, para min estivo todo ben, non notei nada en falta.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Jose A. Gómez Rios ... 49' 08''
  2. Brais Otero Baameiro ... 49' 37''
  3. Rubén Matínez Mayo ... 49' 46''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Elisabet Cordeiro Blanco ... 59' 25''
  2. Miriam Tojeiro Ferreiroa ... 1h 01' 27''
  3. Ana Martínez Martínez ... 1h 03' 15''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments