XVIII Cross de Broña

Fin de semana con moitas probas tanto sábado como domingo polo que ata o último momento estiven pensado en cal participar e como daban boas previsións meteorolóxicas pois tocou escoller a opción que tiña praia para acabar despois da carreira nela. Despraceime ata Outes, concretamente ata a Praia de Broña para participar un ano máis e con este xa serán 5 edicións nas que participo no Cross de Broña sobre un percorrido de 10Km alternando diferentes tipos de terreo.

Os obxectivos serían:

  • Intentar seguir no podio xa que levo 4 de 4 nesta proba.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 5º de 98.
  • Posto categoría: 1º
  • Tempo: 40' 02'' min.
  • Ritmo: 4:08 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido mudou respecto ao ano anterior sendo este ano a dúas voltas. Saída ao carón da Praia de Broña e a percorrer parte do seu paseo. Polo Km 1,7 longa subida duns 600m por monte que continúa cunha zona rápida por pista e logo por monte. Nova pista para correr e subida curta duns 200m. Leve baixada cara a praia e atravesamos o aparcadoiro. Tramo de asfalto e xiramos cara o Museo do Ciprián para percorrer outra parte do paseo pegados a ría e rematar a primeira volta ou chegar a meta.

Cunha distancia polo reloxo de 9,7Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Dúas distancias a escoller entre 5K ou 10K e tamén hai andaina que é solidaria.
  • A localización e o entorno moi chulo.
  • Boa zona para aparcar.
  • Voluntarios nos puntos máis conflitivos.
  • Avituallamento intermedio con auga.
  • Avituallamento final completo.
  • Servizo de duchas a 3K pero tendo a praia ao carón sen problema.
  • Durante toda a mañá realizábase paralelamente un obradoiro de condición física e competencia motriz.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Para a saída o lugar escollido era moi estreito. Gustoume moito máis a do ano pasado dende a area da praia, dáballe un toque orixinal e único a carreira.
  • Aínda que é gratis e non se lle pode pedir nada, si que foi raro que a diferenza dos outros anos nos que participei, este ano non deron nin camiseta nin premio nas categorías ao 2º e ao 3º e sentinme solitario no podio.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Rubén Insua Díaz ... 36' 09''
  2. Alberto García Gaciño ... 38' 16''
  3. Rubén Caamaño Nieto ... 38' 16''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Marinela Mayo Caamaño ... 48' 54''
  2. Natalia Lorenzo Pérez ... 51' 25''
  3. Iria Lago Andrade ... 52' 57''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments