V Trail da Carixa

Non facía este trail dende o 2021 en tempos de post pandemia. Aínda que si coñezo moi ben o percorrido xa que levo varios anos nos que sobre todo no mes de Agosto adestro por alí. Este ano tocou regresar ao Trail da Carixa cun percorrido de 20Km e entorno a uns 1000m+. Percorrido en forma de 8 cunha primeira parte máis de correr e a segunda xa algo máis dura pero sen chegar a ser moi técnico polo que sobre o papel bastante idóneo para min.

Os obxectivos serían:

  • Intentar mellorar o tempo que tiña nesta proba do 2021 xa que o percorrido é semellante de 2h 07' 38''.
  • Intentar baixar das 2 horas.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 3º de 110.
  • Posto categoría: -º
  • Tempo: 1h 58' 25'' min.
  • Ritmo: 5:50 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido con saída dende a carixa. Comeza cun tramo de asfalto ata chegar ao arco e meternos xa no monte cunha subida constante bastante longa para poñer a cada un no seu sitio. Logo vaise alternando pequenas zonas técnicas con tramos onde se pode correr moi cómodo. Descenso ata a Fervenza do Toxa e imos ao carón do río por unha zona rápida e con algo de técnica ata cruzar a ponte de ferro onde comeza a subida máis dura deste primeiro bucle ata o Photocall. Dende aí zona rápida serpenteando polos bosques ata unha última baixada técnica para chegar a altura do rio e xa dende aí seguimos con outra zona rápida para chegar ao asfalto poñendo xa rumbo a meta para rematar o primeiro bucle cruzando un riachuelo sobre uns pallets.

Arrancamos o segundo bucle cunha forte subida por asfalto, pequeno tramo rápido e nova subida con algunha zona técnica. Volvemos a unha zona corrible e baixada ata Carboeiro onde chegamos tras unha subida. Dende Carboeiro baixada ata o río e zona técnica entre pedras. Tras ese tramo, subida constante o máis longa do percorrido. Unha vez arriba descenso total, primeira zona pola que podes correr e o último tramo xa deslizándote ou axudándote dunha corda para acabar de baixar ata o río. Nova zona técnica entre as pedra e cruzamos o río axudados da corda. Dende aí a segunda subida máis dura deste bucle ata o poboado mineiro. Tras o poboado quedan sobre 4 Km's moi rápidos de monte cun constante sube e baixa ata chegar de novo a meta na Carixa.

Cunha distancia polo reloxo de 20,3Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Ademais da versión do trail completo, tamén se podía facer por parellas facendo cada un, un bucle. Tamén había andaina e carreiras para os menores.
  • A localización e o entorno fantástico, quedando un trail moi turístico. Pasando polo carón da Fervenza do Toxa (non se ve xa que xiramos uns metros antes), polo photocall (onde si se ve a fervenza), atravesando o Mosteiro de Carboeiro e o Poboado Mineiro de Fontao.
  • Zona habilitada para aparcar.
  • Voluntarios nos puntos máis conflitivos.
  • 3 avituallamentos intermedios (o primeiro líquido e os outros completos).
  • Avituallamento final completo.
  • Marcaxe do percorrido perfecto.
  • Non hai duchas pero están as piscinas e o río ao carón.
  • Xantar final con empanada, callos, tortilla, queixo, marmelo...
  • Agasallo dunha camiseta e pulseira (que facía a función de entrada para o xantar).
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Nos últimos metros cando se sae do monte e imos pola estrada para entrar de novo na Carixa, creo que se podía marcar un pouco mellor porque non se sabía por onde había que ir. Eu tirei por onde fora a última vez pero cando xa estaba no coche cambiándome había corredores que ían pola estrada outros pola beirarrúa sen saber moi ben por onde tirar.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Daniel Pazó Giraldez ... 1h 50' 48''
  2. Alberto Pardo Montero ... 1h 55' 28''
  3. Miguel Iglesias Amores ... 1h 58' 25''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Rosende Saez ... 2h 20' 29''
  2. María Ferreiro Pérez ... 2h 23' 03''
  3. María Fabeiro Romero ... 2h 24' 56''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments