V Carreira Popular Abanca Semana Verde
- xuño 07, 2019
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de tres anos sen participar nesta proba volvín a Silleda para correr a Carreira Popular Abanca Semana Verde con modificacións no percorrido xa que pasaba dos 10Km ata os 7Km. Esta modificación a priori ían ser mellores para os corredores xa que se evitaba correr polas instalacións da Semana Verde onde os outros anos a verdade é que era un pouco perigoso coa xente cruzando polo medio do percorrido sen mirar se viña algún corredor.
Os obxectivos serían:
- Establecer un novo rexistro nesta proba.
- Seguir coas boas sensacións da última proba.
Cando cheguei as inmediacións das instalacións da Semana Verde poñía que o aparcadoiro custaba 3€ polo que busquei un sitio fóra porque en principio no regulamento poñía que os que íamos correr tiñamos aparcadoiro gratis. Despois as miñas sospeitas foron acertadas e tiñas que pagar por aparcar polo que fixen ben en buscar outro sitio.
Tras recoller o dorsal, púxenme a quecer un pouco con amigos das carreiras e vendo o nivel que había, algo normal cando hai premio económico polo medio. Cando faltaban 5 min. para o comezo ímonos colocando na saída.
Máis ou menos estaba no meu sitio pero non contaba con que a saída fose estreita e cando deu comezo a proba tiven algún problema para comezar a tirar ao ir pendente de non tropezar con ninguén.
Foto: Semana Verde de Galicia |
Transcorridos os primeiros 200m. comecei a atopar máis espazos e empecei a remontada con un ritmo moi forte, tamén axudou o terreo xa que practicamente era todo o tempo costa abaixo. Así foi como o primeiro km, saíume nun ritmo de 3:19 min/km e recuperando moitos postos.
A partir de aí o terreo comezou con un sube e baixa constante tanto por asfalto como por terra que non che daba ningún respiro.
O peor chegou sobre o km 4,9 xa que estaba a peor pendente, non contaba con que fose tan empinada. Pasiños cortos e sin parar que fixeron que recuperara dous postos de corredores que se botaron a andar.
Rematada esa subida, unha longa recta que nos deixaba de novo nas instalacións da Semana Verde onde perdín un deses postos que recuperara pero eu xa ía no límite. Comecei a mirar cara atrás para ir controlando para poder conservar ese posto e así foi como cheguei a meta, satisfeito co resultado.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 12º de 151.
- Posto categoría: 6º.
- Tempo: 24:47 min.
- Ritmo: 3:41 min/km.
O obxectivo cumprido novo rexistro que superar o ano que ven e bo rendemento o que tiven aínda que as sensacións eran de que non había moito máis e se apertaba un pouco ía rebentar. De todas formas satisfeito da carreiras que fixen.
En canto a proba un acerto o cambio no percorrido, un continuo sube e baixa con algunha subida bastante dura. A mellorar un gardarroupas non viña nada mal e o tema do aparcadoiro que se anuncia de balde e despois dinche que non... Posiblemente para o ano volva repetir nesta proba.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Nuno Costa .......................... 21:17
- Rubén Diz Díaz ................... 21:42
- Jose M. Vieito Vilacoba ... 22:50
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Rocio Alvite .................... 26:58
- Iria Campos Trabazo ... 27:35
- Vicky Losada Pérez ...... 27:44
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Semana Verde de Galicia. Moitas gracias.
0 comments