IV Carreira Popular O Galo Corre
- xuño 02, 2019
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Por terceiro ano consecutivo despraceime ata Vila de Cruces, onde se celebraba a IV Carreira Popular 'O Galo Corre'. Este ano con novidades xa que a proba absoluta pasaba dos 7,3Km ata os 10Km, polo que non podería intentar mellorar o tempo de outros anos.
O obxectivos sería:
- Intentar chegar ao podio como fixen sempre nesta proba.
Cheguei co tempo perfecto para recoller o dorsal, acabar de cambiarme e poñerme a quecer con compañeiros que tamén ían disputar a proba.
Chegado o momento fúmonos colocando na saída e quedei en primeira fila, o obxectivo estaba claro, saír forte dende o comezo e tras unha conta atrás deu comezo a proba.
Foto: José Ramón Moire Silva |
Na saída non tiven moitos problemas xa que ao saír adiante de todo puiden comezar a tirar sen preocuparme de tropezar con ninguén e mantendo o ritmo de cabeza.
Cando pasamos polo Km 1, un dos corredores xa ía tendo unha importante marxe que cada vez era maior. Mentres por detrás íamos nun grupo duns 7/8 corredores mantendo un ritmo forte.
Foto: José Ramón Moire Silva |
De momento o perfil da proba era bastante favorable para correr ata no Km 2,5 comezou o baile con unha forte baixada dando comezo a un continuo sube e baixa. Houbo un momento sobre o km 3 no que me coloquei nunha segunda posición pero rapidamente pensei para min que estaba indo demasiado rápido e que despois o ía a pagar, polo que afrouxei un pouco e volvín a poñer detrás do grupo que xa era máis pequeno duns 5/6 corredores.
Km 4, tras un subida por terra gañei dúas posicións e quedei colocado nun 4º posto, mentres pouco a pouco ía collendo unha vantaxe aos perseguidores e intentando alcanzar ao 3º clasificado. Cando facemos o xiro do km 6 aprox. un corredor do Atl. Arenteiro adiantoume e perdín un posto, intentei seguilo pero xa non tiña moita forza para manter o seu ritmo polo que desistín e seguín tirando ao meu ritmo controlando aos perseguidores.
Dende que perdín ese posto quedei rodando en solitario, practicamente imposible que collera a alguén por adiante e mantendo un marxe cos perseguidores.
Quedaba unha última parte dura cunha forte baixada e dúas subidas. A última subida sempre se me deu bastante mal e chegaba aí bastante desfeito pero este ano ía ben, controlando o ritmo e non se me fixo moi dura.
A partir de aí xa só quedaba afrontar a longa recta ata meta onde mirei varias veces cara atrás para comprobar a distancia co perseguidor e non levar unha sorpresa nos últimos metros.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 5º de 86.
- Posto categoría: 1º 🏆
- Tempo: 35:53 min.
- Ritmo: 3:35 min/km
O obxectivo cumprido e por terceiro ano consecutivo igualo o resultado sendo o 1º da categoría. Este ano mellorei un posto na absoluta en comparación co ano pasado e en canto ao ritmo fun moito máis rápido tendo máis distancia que percorrer polo que moi satisfeito co rendemento.
En canto a proba, faltábanlle uns 300 m. aprox. por iso me saíu un ritmo de 3:35 min/km que segundo o reloxo en realidad corrín a unha media de 3:41 min/km. A organización bastante ben aínda que os voluntarios que estaban nos cruces había algún que non indicaba cara onde había que coller e había momentos de confusión polo demais todo correcto.
En canto a proba, faltábanlle uns 300 m. aprox. por iso me saíu un ritmo de 3:35 min/km que segundo o reloxo en realidad corrín a unha media de 3:41 min/km. A organización bastante ben aínda que os voluntarios que estaban nos cruces había algún que non indicaba cara onde había que coller e había momentos de confusión polo demais todo correcto.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Jose M. Corral Justo ............ 33:39
- Sergio Requeijo Requeijo ... 35:02
- Thomas Afonso López ....... 35:23
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Covadonga Vázquez Sánchez ... 42:56
- Pili Franco Resúa ...................... 45:51
- Lucia Peón Santomé ................. 49:09
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: José Ramón Moire Silva. Moitas gracias.
0 comments