Campionato Galego de Media Maratón 2019 (Ortigueira - Cariño)

Tocou disputar o Campionato Galego de Media Maratón. Este ano con sede entre dous concellos xa que a proba sería lineal con saída en Ortigueira e meta en Cariño. Proba que se estreaba este ano no calendario co nome de Ortegal 21K. Ademais do Campionato Galego e da popular, tamén se disputaba paralelamente o Campionato de España Master polo que se esperaba un bo nivel.

O obxectivo sería:
  • Intentar mellorar a marca que teño na distancia que é de 1:19:23 acadados en Vilagarcía 2018.
Imaxino que esta proba tería que disputarse un Domingo pola mañá pero como o día seguinte eran elección tiveron que facela Sábado pola tarde. Non era ningún inconveniente si eras de preto pero entre que tiñas que coller o bus que te lavaba a meta e o traxecto ata Cariño que era de entorno as 2 horas tiven que comer sin ganas e fora da miña hora habitual.

Chegamos a Cariño as 15:30 e só quedaba un bus para ir a saída. Subimos e mentres íamos cara Ortigueira ía observando como era o percorrido que despois tiñamos que percorrer pero todo apuntaba a que ía ser duro.

Xa en Ortigueira, tivemos que ir correndo para deixar as mochilas nunha furgoneta para que as levara despois a meta. Puxen o dorsal que o recollera un compañeiro do Atl. Arenteiro e a pasar por cámara de chamadas. Tras facer constar da miña presencia xa quedei encerrado sen poder quentar durante uns 30 min. Despois anunciaron que se habilitaban un buses para deixar as pertenzas polo que as présas iniciais puidéronse evitar pero non había info previo a proba que dixese onde estaría o gardarroupas.

Foto: Toni Rego
Chegada a hora ímonos posicionando para a saída, facía calor e algo de aire que esperaba que despois non influíse moito. Tras unha conta atrás deu comezo a proba.

Foto: Toni Rego
Nada máis arrancar, problemas. Comezoume a dar unha dor forte na barriga que imaxinei que podía ser por non quentar pero non ía nada cómodo, a pesar diso o ritmo era bo e seguín tirando así esperando que me fose pasando.

Tras unha pequena volta por Ortigueira de 2,5 Km poñemos rumbo a Cariño. Durante esta volta por Ortigueira as molestias foron diminuíndo e fun collendo un ritmo cómodo pero rápido xa que estaba rodando entorno aos 3:40 min/km que de aguantar así podía baixar a miña marca uns 2 min. 

Foto: Sonia Fernández
Chegamos ao avituallamento do Km 5 a dor no estómago parecía que quería volver polo que collín auga para refrescarme un pouco xa que a calor estaba apertando. A auga non me fixo nada, segundo ían pasando os km's o  ritmo cada vez era peor, tamén o percorrido cada vez era máis duro sobre todo a partir do Km 8. Ata aí permitía correr ben, algunha pendente pero fácil. Despois do Km 8 as pendentes comezaron a ser máis duras. Creo que foi nesa primeira subida importante onde xa decidín que hoxe non ía ser día de facer marca, xa estaba perdendo moitos postos, as molestias no estómago cada vez eran peores pero había que seguir tirando.

Chegamos ao control do km 10 e paso nun tempo de 38:43 min. que supoñía un ritmo medio de 3:52 min/km. De aguantar así ía facer un tempo de 1:21:35 que non estaba nada mal para a dureza do percorrido e de como ía fisicamente.

De pernas ía ben pero o estómago cada vez peor e as molestias seguían incrementándose de tal forma que dende o km 11 comecei a deixarme levar xa nin ganas tiña de correr, se forzaba un pouco o estómago protestaba e máis me doía.

Foron pasando os km's e perdendo unha morea de posto, nas subidas parecía que ía andando e nas baixadas tiña que frearme para non axitar máis o estómago. Estiven a piques de parar en varias ocasións xa que non aguantaba a dor e ademais houbo creo que dous momento nos que me mareei un pouco, a calor non axudaba e tiña ganas de vomitar. Estaba rodando a ritmos de 5:00 min/km e só desexaba chegar a meta e rematar a proba.

Entramos en Cariño polo Km 19, claramente seguía perdendo postos. Xa so restaban 2 Km dando un pequena volta polas súas rúas, con moita animación do público, coller o paseo ata meta e por fin acabar co sufrimento que foi esta carreira.

Foto: FotoCarlosGrafias
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 148 de 341.
  • Posto categoría campionato: 12º
  • Tempo: 1:32:49.
  • Ritmo: 4:24 min/km
O obxectivo non se conseguiu e posiblemente foi a miña peor carreira. Xa dende a saída con molestias de estómago que parecían que ían a menos pero só foi un momento despois cada vez peor e pensando en abandonar. Por sorte puiden rematar a proba ao trote pero pelexando co estómago. Hai días que todo vai perfecto e este non foi un deles pero días como este son dos que máis se aprende. Posiblemente o erro que cometín foi na alimentación, almorcei un pouco tarde, despois comín sin ganas e non me debeu sentar ben.

En canto a proba, percorrido duro aínda que os primeiros km's podes correr ben a última parte antes de chegar a Cariño vaiche romper o ritmo todo. Boas vistas, público animando durante o percorrido e animación en Cariño. Boa organización con algún detalle a mellorar, como máis info pre carreira e en días de calor como este algún posto máis de avituallamento. De agradecer os voluntarios que se posicionaron nos cruces para indicarche como chegar ata as duchas.

PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Toni Rego, Sonia Fernández e FotoCarlosGrafias. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments