VI San Silvestre Compostelana
- decembro 31, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de participar na III San Silvestre de Silleda pola mañá, chegaba a quenda da VI San Silvestre Compostelana a última proba deste ano. Un percorrido de 5,5 Km polo casco vello e a alameda no que sempre hai moita xente animando.
O obxectivo:
- Simplemente pasalo ben.
Este ano a diferencia que o anterior só viñemos dous a correr. Chegamos co tempo xusto para aparcar, poñer o disfrace de Mamá Noel e ir a trote para a Praza do Obradoiro onde estaba a saída e meta. Cando chegamos dimos unha volta pola praza para ver o gran ambiente que había e a reporteira fotográfica de La Voz de Galicia, sacounos unha foto.
Sandra Alonso (La Voz de Galicia) |
Tras a foto fomos chamados para colocarnos na saída. Ao igual que o ano pasado colocámonos atrás de todo, non había ninguén por detrás ata que de repente se ve o confeti no horizonte. Era o sinal de que a proba dera comezo.
Foto: Sandra Alonso (La Voz de Galicia) |
Tardamos case 3 minutos en cruzar a liña de saída e para iso aínda íamos andando. Para min, que polo normal sempre salgo nas primeiras filas era unha sensación estraña, incluso cando empezamos a trotar e íamos a un ritmo de 7 min/km custábame levar o ritmo tan tranquilo ata me daba a sensación de que me cansaba máis.
Cando se foi estirando todo pouco a pouco fomos gañando postos e vendo os disfraces dos demais corredores. No paso pola Alameda intentei facer un directo para Instagram pero por non pararme non o din feito (para o ano pau selfie e directo de principio a fin).
Practicamente todo o percorrido adiantando a corredores e os nosos ritmos cada vez máis competitivos sen chegar a ir "rápido". Agás na subida da calle de Entremuros que case nos paramos por completo ao ser unha rúa estreita e fíxose un pouco de embude pero a partir de aí a correr de novo xa rumbo a meta.

Foto: Juanma Fotografía |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 1241 de 1846.
- Posto categoría: 794º.
- Tempo: 38:05 min.
- Ritmo: 6:55 min/km.
O obxectivo cumprido, aínda que só era o de desfrutar paseino moi ben. Tiña que haber máis probas así de esquecerse do resultado ou das marcas e ir soamente a desfrutar e pasalo ben facendo o que nos gusta, CORRER.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Manuel A. Penas Blanco ... 17:13
- Andrés Cendán Llorens .... 17:32
- Miguel Penedo Taboada ... 17:44
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- María Y. Gutiérrez Robles ... 20:19
- Tina Fernández ....................... 20:38
- Inés Castaño García .............. 20:45
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Sandra Alonso (La Voz de Galicia) e Juanma Fotografía. Moitas gracias.
0 comments