III San Silvestre de Silleda

Último día do ano e tocou desfrutar das tradicionais San Silvestre, para iso despraceime ata Silleda onde se ía celebrar a III edición desta, despois de que o ano pasado por condicións meteorolóxicas se suspendese. Unha proba que este ano incrementaba a distancia de 5 a 6 Km dando 6 voltas ao percorrido.

Os obxectivos serían:
  • Intentar saír co grupo de cabeza e aguantar ata onde puidese.
  • Chegar ao podio.
Cheguei a Silleda con un amigo que tamén ía correr a proba, tras realizar a inscrición gratuíta, fomos tomar un té como é habitual en min antes de correr e unha vez rematado, vimos a carreira dos pequenos. Rematada esa proba fúmonos cambiar e a quentar un pouco.
Era a nosa quenda máis a dos rapaces que só tiñan que dar unha volta ao percorrido. Tras a espera de que a Policía Local dera o ok, comezou a proba.

Foto: Concello de Silleda
A saída fíxena con moita precaución xa que ao saír cos rapaces que se colocaron en primeira fila, había que ter tino de non tropezar con eles. Pasados os primeiros 500 metros xa se formara o grupo de cabeza con 5 corredores no cal me atopaba eu.

Foto: Concello de Silleda
Así fomos durante dúas voltas cando un dos corredores se comeza a quedar polo que xa só quedabamos 4. O ritmo cada vez era máis intenso e cando na terceira volta empezaron a rodar a ritmos próximos a 3:30 min/km pouco a pouco funme quedando atrasado e vendo como as opcións ao podio se ían escapando.

A segunda metade da proba xa fun con un ritmo máis tranquilo e mantendo a posición, xa non había ningunha opción polo que só me quedou desfrutar do que quedaba de proba, aínda que fun algo tocado nas dúas últimas voltas por un punto que me deu no abdome pero que me permitía seguir rodando a ritmos de 4:00 min/km.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 4º.
  • Posto categoría: 4º
  • Tempo: 22:48 min.
  • Ritmo: 3:46 min/km.

Os obxectivos non se conseguiron xa que non puiden chegar ao podio e tampouco fun quen de aguantar o ritmo do grupo de cabeza aínda que os din seguido durante a metade da proba.
Ao rematar a entrega de premios, houbo chocolate con churros para todos e rosquillas de Abades para repoñer as forzas e algunha collín xa que pola tarde ía participar noutra San Silvestre.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Luis Iglesias
  2. José Canda
  3. Sergio Requeijo
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Lucia Requeijo
  2. Lorena Pereiro
  3. Diana Ramos
PD: Fotos cortesía de: Concello de Silleda. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments