VI Carreira Popular Concello de Rianxo
- novembro 01, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou correr a terceira proba do Circuíto de Carreiras Arousa Norte, que me levaría a disputar a VI Carreira Popular Concello de Rianxo, sobre un circuíto ao cal teríamos que dar 3 voltas ata completar os 10 Km.
Os obxectivos serían:
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
Os obxectivos serían:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 37:50 min. acadado no 2016.
- Intentar quedar o mellor posible de cara a clasificación final do circuíto.
Cheguei a Rianxo co tempo xusto para ir recoller o agasallo técnico desta proba, acabar de cambiarme e poñerme a quecer uns 20 minutos antes de ir cara a saída. Coloqueime bastante adiante, creo que nesta proba nunca saíra tan adiante pero tiña que probar a saír no que en principio sería máis ou menos o meu lugar. Tras unha conta atrás deuse a saída.
Salgo mal, aos 100 metros de carreira xa perdera bastantes postos e non conseguía entrar en carreira. Nese momento xa me din de conta que o meu non é saír adiante, senón un pouco máis atrasado e a partir de aí ir recuperando postos.
Tardei uns 600 metros en comezar a recuperar postos e aínda así estábame custando bastante xa que a carreira nos inicios foi moi rápida. Estaba rodando a ritmos de 3:20 / 3:30 min/km e non conseguía avanzar.
Pouco a pouco fun gañando eses postos a cambio de facer a primeira das voltas bastante rápido xa que a fixen nun nun tempo de 11:43 minutos que supoñía ir a un ritmo de 3:31 min/km.

Na segunda volta xa intentei manter un ritmo máis "tranquilo" e practicamente fun toda a volta con outro corredor que levaba moi bo ritmo, tanto que, rematando a volta fóiseme escapando e non fun quen de seguilo. Sorprendeume que xa nesta volta comezamos a dobrar xente... Así esta segunda volta fíxena nun tempo de 12:02 minutos que supoñía ir a un ritmo de 3:37 min/km.
Na última volta intentei dar todo o que me quedaba pero xa non era moito, posiblemente o esforzo que fixen na primeira volta para recuperar os postos. Alcanzoume un grupo que viña por detrás e engancheime a eles para non perder moito e así intentar nos metros finais gañar algún posto pero non foi posible. Tras aguantar toda a volta con este grupo, cando xa só faltaba 1 km para meta eles fixeron un cambio de ritmo que eu non puiden facer e tiven que conformarme coa posición. Na recta de meta sprintei para poder facer un moi bo tempo nun circuíto que era dos que sempre se me daba mal. Esta terceira e última volta fíxena nun tempo de 12:08 minutos que supoñía ir a un ritmo de 3:38 min/km.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 29º de 329.
- Posto categoría: 5º
- Tempo: 35:55 min.
- Ritmo: 3:35 min/km.
Os obxectivos cumpridos e poderíase dicir que con nota non tanto pola posición para a clasificación do circuíto pero si polo tempo que conseguín facer xa que se a proba estivese homologada, sería o meu mellor tempo nesta distancia. Algo que me da máis motivación para as vindeiras semanas xa que intentarei mellorar a marca dos 10K homologados.
En canto a carreira moi ben organizada e todo bastante preto, aparcamento, duchas, recollida de dorsais, podio. O único problema que tiven foi nas duchas que non había quen se metera nelas xa que a auga saía fervendo. Outra cousa que non me gusta é o tema de dar voltas a un circuíto pero iso xa son gustos persoais.

- Nuno Costa ............... 30:43
- Juan A. Gude Vila ... 32:17
- Jose Lojo .................... 32:26
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- María J. Gestido Rodríguez ... 36:24
- Esther Rodríguez Díez ............ 36:39
- Tina Fernández .......................... 36:48
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Difusion ProSport para Concello de Rianxo e Roi Maneiro. Moitas gracias.
0 comments