XLI Carreira Pedestre de Santiago

Tocaba correr unha das probas míticas de Galicia e das que máis anos teñen, a XLI Carreira Pedestre de Santiago. Sobre unha distancia de 12 Km, percorrendo gran parte de Santiago de Compostela e con chegada a Praza do Obradoiro.

O obxectivo sería:
  • Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba acadado no 2015 e que é de 45:19 min.
Menos mal que xa recollera o dorsal o día anterior e fun para a carreira cambiado porque cando conseguín aparcar tiña o tempo xusto para ir para a saída. O quecemento foi o traxecto dende onde aparquei ata a saída e a verdade é que facía falta quecer porque a temperatura que estaba facendo era moi fría.
Xa colocado na saída fixeime que diante había dorsais de todas as cores non sei se houbo control pero polo que vin non debeu haber.
Creo que nunca saíra tan adiante pero ía intentar saír forte dende o comezo do proba. Deuse inicio a proba e arranquei ben aínda que perdín bastantes postos. Non me sentía nada cómodo e non conseguía coller ritmo ademais a saída xa comezaba con unha subida importante por Xoán XXIII. Problemas de saír sen apenas quentar nun día frío.

Foto: Juanma Fotografía
Ata o km 1,5 aprox. pola Av. do Camiño Francés, non conseguín entrar en calor. A partir de aí as sensacións foron mellorando e o ritmo xa comezaba a ser bo polo que empezaba coa remontada. Xa estaba rodando entorno a 3:30 min/km fácil e así fun ata o km 5, gañando postos e con boas sensacións, tamén dicir que o terreo era bastante favorable para ir a eses ritmos.

Foto: Koala36 Retratografía
A partir de aí viñeron as complicacións xa que comezamos a subir a C/ Santiago de Chile e a Av. Rosalía de Castro e non me notei nada cómodo, non era dor pero as pernas estaban como cansas e pesadas. Estábame custando máis do normal e imaxino que aínda non están recuperadas do esforzo da semana anterior na Media Maratón de Pontevedra.
Chegamos ao Campus Sur onde intento seguir o ritmo de outro corredor para non quedarme atrasado e parecía que funcionaba porque íamos gañando postos. Deixamos o Campus Sur atrás e chegamos a rúa Galeras onde estaba situado o punto de control e o único avituallamento entorno ao km 7,5.
Polo paso de control marco un tempo de 27:48 min. que supoñía ir a un ritmo de 3:44 min/km. Bastante ben pero quedaba o mais duro da proba, a subida de Vite.

Foto: Berial Fernández
Antes da tan temida subida de Vite, había que subir Vista Alegre. Unha subida duns 400 metros con unha pendente non moi esaxerada pero que a estas alturas da proba entorno ao km 8,5 xa se nota máis nas pernas. Rematada esta subida ven unha pequena zona llana onde recuperar un pouco o alento e comezamos a subir Vite. Unha subida duns 800 m. aprox. con unha pendente bastante dura que che esnaquiza as pernas e o ritmo. Subín intentando seguir o corredor co que levaba xa un par de km's pero subindo, eu non tiña as pernas para moita festa e pouco a pouco funme quedando. Aínda que subín dando todo o que tiña, os corredores que levaba por detrás conseguiron alcanzarme.

Foto: Juanma Fotografía
Rematada a subida de Vite ben unha das partes máis rápidas e con maior encanto desta proba pero que este ano houbo que tomar con moita máis precaución, os dous últimos km pola zona vella. O chan estaba todo mollado e nos xiros era moi fácil esvarar. Intentei manter un ritmo rápido buscando o obxectivo do tempo sen darlle moita importancia a posición final. Algún dos xiros era perigoso tanto polo perigo de esvarara como por chocar contra un peón que aínda que as rúas estaban cortadas para que nos puidésemos correr eu tiven un susto nun deses xiros.

Foto: Koala36 Retratografía
Os últimos metros da proba intentei dar todo o que me quedaba e conseguín alcanzar aos corredores que levaba por diante. Mirei o reloxo e vin que o obxectivo que levaba esta cumprido e na recta de meta tras mirar cara atrás e ver que conservaba o posto, decido non esprintar e conservar a posición.


O resultado final foi:
  • Posto xeral: 107º de 2648.
  • Posto categoría: 23º.
  • Tempo: 44:37 minutos.
  • Ritmo: 3:43 min/km.
O obxectivo cumprido conseguín mellorar o tempo en 42 seg. pero as sensacións en carreira non foron moi boas xa que notaba as pernas cansas e pesadas por mor do esforzo da semana pasada. Ademais o terreo tampouco axudou xa que estaba todo mollado e nos xiros había que ir con precaución para non esvarar. Contento de mellorar o tempo pero coa sensación de que podía ser mellor.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Alejandro Fernández Rivera ... 37:29
  2. Manuel Hurtado Sanjurjo ........ 37:36
  3. Iván Roade Lago .......................... 37:42
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Joselyn D. Brea Abreu ......... 42:34
  2. Ester Navarrete Santana ... 42:37
  3. Alice Finot ............................... 43:05

Tamén che pode gustar:

0 comments