XXI Carreira Popular Santa Uxía de Riveira

Tocou correr a segunda proba do Circuíto de Carreira Arousa Norte, 4 Carreiras 1 Meta. Para iso despraceime ata Riveira onde se celebraba a XXI Carreira Popular Santa Uxía de Riveira sobre un percorrido ao cal teríamos que dar dúas voltas con algunhas modificacións ata completar unha distancia de 10 Km e que este ano por mor dunhas obras deixaba de estar homologado.

O obxectivo sería:
  • Xa que este ano modificou o percorrido e non está homologada, intentarei quedar o máis adiante posible de cara a clasificación final do circuíto.
Ao ser a segunda proba do circuíto, xa tiña o dorsal para a carreira. Cheguei a Riveira algo máis tarde e tiven que buscar outro sitio onde aparcar ao que habitualmente ía, porque xa tiñan a calle xa cortada. Tras conseguir aparcar, fun recoller a camiseta que daban de agasallo, estiven a piques de pasar dela porque na cola que había para os que pertencían ao circuíto era un caos, mentres nos demais sitios non había ninguén...

Unha vez collín a camiseta, púxenme a quecer xa que só faltaban 15 min. para que dera comezo a proba. Por sorte vin que os corredores estaban practicamente todos quentando cara o porto, eu tamén fun e vin que a saída estaba alí (digo por sorte porque pensaba que se saía noutro lado).

Chegado o momento. coloqueime na zona dianteira do grupo pero igual algo máis atrasado do que debería xa que as sensación que tiven durante o quecemento non foron moi boas e tiña algo de dor no estómago. Tras esperar uns minutos a que chegasen todos os corredores a zona de saída xa que algún non se dera de conta onde estaba a saída, deu comezo a proba.

Foto: Difusion ProSport
Arranquei con algún atranco pero rápido recuperei xa que había bastante sitio por onde adiantar nos primeiros metros e comecei a tirar forte, intentando gañar postos para a clasificación do circuíto sen importarme o tempo que fixera ao final.

Foto: Arousa Neo
Preto do Km 2 chego ao grupo de cabeza das mulleres onde intento aguantar o ritmo aí e recuperar un pouco o alento despois do esforzo de chegar ata alí. Aguanto entorno a 1 km e continúo co meu ritmo que tampouco é que fora moito máis rápido pero tiña que probar a ver ata onde daba chegado.
No paso polo km 5 marquei un tempo de 17:42 min. que equivale ir a un ritmo medio de 3:32 min/km. Bastante ben xa que sería o meu mellor rexistro nesa distancia baixando 6 seg. ao meu tempo.

Foto: Difusion ProSport
Todo ía ben pero sobre o km 6,5, cando volvíamos a pasar pola zona da Praia do Coroso notei unha falta de forzas considerable, estábame custando moito aguantar o ritmo e mentalmente víñame a baixo e a pensar que agora ía perder moitos postos.
Así 2 Km's despois xa perdera dous postos, as dúas primeiras mulleres acabábanme de adiantar, eu intentei seguirlles o ritmo e o consigo.
Para sorpresa miña, no km 9,2 esas malas sensacións que estaba tendo e o cansancio das pernas desapareceron e comecei a correr como se estivese no comezo da proba. Pouco a pouco fun alcanzando ao o grupo que levaba por diante pero cando cheguei xa só faltaban 300 metros para rematar e o grupo comezou a tirar máis forte pelexando por posición mentres eu que xa cheguei xusto de forzas alí non consigo gañar ningún posto e tras mirar atrás e ver que tiña a posición fixa, déixome levar os últimos metros acabando nun moi bo tempo. 

Foto: Difusion ProSport
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 17º de 278.
  • Posto categoría: 5º.
  • Tempo: 35:57 min.
  • Ritmo: 3:35 min/km
O obxectivo cumprido xa que na clasificación do circuíto vou en 3ª posición aínda que como hai que descartar o peor resultado iríame ao 7º lugar polo que nas dúas probas que faltan vai haber que correr moito se quero chegar ao podio. En canto ao tempo que fixen sería mellor marca persoal por 12 segundos, mágoa que o percorrido non estivese homologado xa que mellorei deixándome levar os últimos metros polo que uns segundo máis podía recortar.

En canto a proba como sempre en Riveira moi ben avituallamento intermedio e final moi completo, un percorrido perfecto para facer marca a ver se volven a telo homologado xa que sempre se me deu ben este percorrido. A única pega que lle poría sería o xa comentado ao principio que para recoller a camiseta tiveramos que facer tanta cola mentres había máis xente que nola podía entregar pero sería o único "malo" que pasou.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Alejandro Fernández Rivera ... 31:07
  2. Lolo Penas Blanco ....................... 32:19
  3. Jose Lojo ......................................... 33:02
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Joselyn D. Brea Abreu ... 36:05
  2. Edymar D. Brea Abreu ... 36:06
  3. Esther Rodríguez Díez ... 36:15
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Difusion ProSport para o Concello de Riveira e Arousa Neo. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments