IX Carreira Pinga Pinga

Semana complicada xa que non puiden adestrar nada por culpa dunha gripe coa que chego a esta proba. Por segundo ano consecutivo tocaba correr a carreira que organiza o Club Deportivo Pinarium ao cal pertenzo e para iso despraceime ata Marín, concretamente ata a parroquia de San Tomé de Piñeiro onde se ía celebrar a IX Carreira Pinga Pinga, sobre unha distancia de 7,3 Km dando tres voltas ao percorrido marcado.

Como cada ano teñen unha homenaxe sorpresa e que nesta edición foi Begoña Fernández Molinos, capitá da Selección Española de Balonmán, medallista olímpica en Londres 2012, no Campionato do Mundo do 2011 e no Campionato de Europa de 2008.

Os obxectivos serían:
  • Intentar mellorar o tempo acadado o ano pasado que é de 28:10 min.
Cheguei co tempo xusto porque esa mañá pola estrada que ía ir, estaba cortada por mor do Rally de A Estrada e tiven que dar un rodeo polo que nada máis cheguei, fun polo dorsal, acabei de cambiarme e xa me puxen a quecer mentres ía saudando a gran cantidade de compañeiros que estaban alí.
Tras a saída da andaina era a nosa quenda. Coloqueime bastante adiante pero sen estar nas primeiras liñas. Sabía que non podía tirar forte dende o comezo por mor da gripe e para que a carreira non se me fixese moi longa. Tras unha conta atrás, Begoña deu o pistoletazo de saída.

Foto: Diego Torrado (Pontevedra Viva)
Arranquei bastante ben aínda que na volta ao campo de fútbol collín o interior das curvas e era complicado gañar postos (polo normal sempre vou por fora porque hai menos xente e podo marcar o meu ritmo máis fácil).
Saímos do campo e comezou o bo, a subir. A subida era das importantes, das que che esnaquizan as pernas pero ao ser a primeira volta fun subindo ben aínda que notei os xemelgos cargados como se me fora dar un tirón, posiblemente non quentase o suficiente pero segundo ían pasando os metros, esa sensación desapareceu. Tras a primeira subida viña un llano para volver a subir xa non con tanta pendente como a primeira pero tamén lle chegaba. Rematada esta subida viña terreo favorable, un llano e baixada continúa ata 300 metros antes de chegar as inmediacións do campo de fútbol onde xa se volvía a subir para comezar coa segunda volta. 
Durante toda a primeira volta fun gañando postos e intentando controlar a respiración xa que coa gripe sentíame máis cansado do normal e tiña unha respiración máis axitada.

Foto: Diego Torrado (Pontevedra Viva)
Comecei a segunda volta intentado manter o ritmo da primeira. Levaba a dous corredores por diante pero con unha boa distancia e por detrás igual, practicamente ía só. As sensacións estaban sendo boas quitando esa fatiga pola gripe todo ía perfecto incluso ía a un bo ritmo para acadar o obxectivo de mellorar o tempo. Nesta segunda volta xa non gañei nin perdín postos, estaba todo moi estable.

Foto: Maribel
Na terceira e última volta xa ía bastante canso, a subida fíxoseme máis longa que nas dúas voltas anteriores algo normal porque nesta proba non tes tempo de recuperar o alento. Intentei coller aos dous corredores que levaba por diante pero non fun capaz, na baixada escapáronse e non din recuperado a distancia. Eu ía mirando o reloxo constantemente porque vin que tiña opción de mellorar o tempo e apertei todo o que me quedaba para dar a volta ao campo de fútbol e chegar a meta no menor tempo posible.

Foto: FotoCarlosGrafias
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 12º de 116.
  • Posto categoría: 1º. 🏆
  • Tempo: 27:40 min.
  • Ritmo: 3:50 min/km
O obxectivo cumprido xa que mellorei o tempo do ano pasado en 30 segundos e conseguín ser 1º da categoría. Foi toda unha sorpresa porque cando fun ver os resultados poñía 2º pero non mirara a categoría dos tres primeiros e un deles era da mesma ca min, polo que ao non ser os premios acumulativos fun primeiro. As sensacións durante a carreira foron moi boas a pesar da gripe que me condicionou un pouco ao non poder chegar ao 100% de todas formas acabei moi satisfeito.

Foto: FotoCarlosGrafias
A parte de gañar na miña categoría, tiven que volver subir ao podio para recoller o 2º posto no Km Pinarium. Concurso que se fai entre os membros do equipo no que imos puntuando por cada carreira ao longo do ano e que aínda que este ano pensaba que non ía conseguir premio pola lesión que me tivo apartado das carreiras 4 meses, conseguín ser 2º por segundo ano consecutivo. A ver se este ano me respectan as lesións e podo chegar ao máis alto desta competición. Dar a noraboa a Manuel Sobral que volve a gañar por segundo ano consecutivo e a Jose Omil polo 3º posto. 

Foto: FotoCarlosGrafias
En canto a proba, carreira dura xa que practicamente non tes descanso ou sobes ou baixas e non tes tempo de recuperar o alento. Terminas coas pernas rotas de tanto cambio de desnivel. A organización de 10 non botei nada en falta, incluso este ano aparte da andaina gratuíta fixeron unha carreira por relevos. Con avituallamento intermedio nas tres voltas e final moi completo. Incluso esta proba ten fins solidarios xa que unha parte da inscrición se destina a Asociación Española Contra o Cancro. Paralelamente a carreira ten lugar a festa da mazá e da sidra polo que os acompañantes tampouco se aburren mentres os deportistas estamos a correr. 

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Akka Essaadaoui ....................... 25:11
  2. Manuel Lorenzo López ........... 25:21 
  3. Gustavo Caballero Iglesias ... 25:47
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Leticia Fernández Barbosa ... 28:08
  2. Sandra Mosquera Losada ...... 29:05
  3. Agueda Blanco ........................... 31:11

Tamén che pode gustar:

0 comments