III Carreira Solidaria Festas de Lalín
- setembro 21, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou disputar un proba das que xa non ten que ver moito o resultado senón que haxa o maior número de participantes xa que é unha proba solidaria a favor de Cruz Roja. Despraceime ata Lalín onde tiña lugar a III Carreira Solidaria Festas de Lalín sobre un circuíto ao que teríamos que dar dúas voltas ata completar unha distancia de 6 Km.
O obxectivo sería:
- Se o percorrido era o mesmo que o ano pasado, intentar mellorar o tempo que fixen que foi de 22:25 min.
Cheguei sobre as 18:20h a Lalín xa que no regulamento poñía que os dorsais os entregaban ata 18:30. Como aínda faltaban dúas horas para que dera comezo a proba, fun tomar un té a zona da saída da carreira. Chegado o momento volvín ao coche cambiarme para poñerme a quecer e xa me fun atopando con compañeiros de carreira, onde antes de darse a saída nos sacamos unha foto con Jesús Bernal.
Foto: Jesús Bernal |
Coloqueime na saída, practicamente adiante de todo xa que a saída é algo estreita e nun dos lados había unha valla que aínda facía a saída un pouco máis estreita e por onde había que pasar con precaución e tras unha conta atrás dá comezo a proba.
Non arranquei moi ben con varios atrancos nos primeiros metros pero rápido comecei a tirar e a recuperar os postos perdidos, quedándome no grupo perseguidor da cabeza de carreira e con boas sensacións.
Foto: Concello de Lalín |
O percorrido parecía ser igual ao do ano pasada ata que na longa recta da Av. Luis González Taboada en vez de chegar ata o final, xiramos antes para coller a calle da meta. O obxectivo que levaba para a carreira xa non me valía polo que intentei manter posición e seguir co ritmo forte.
Así fago a primeira volta nun tempo de 10:09 minutos que equivale ir a un ritmo medio de 3:41 min/km bastante ben pero agora tocaba manter ese ritmo.
Durante a segunda volta foi un querer e non poder. Notaba como o cansancio se apoderaba de min, aínda que intentaba seguir tirando forte, as pernas non ían como antes, sobre todo na zona da subida a estación de buses e subindo por onde o Instituto Laxeiro, posiblemente as zonas máis duras do percorrido e onde perdo un posto, intento seguilo para que na recta de meta intentar recuperar o posto. A pesar de que lle fun aguantando o ritmo en torno a 1,5 Km's eu xa non podía máis e desisto do intento a pesar de que só restaban 400 metros aprox. para cruzar a meta.
Foto: Concello de Lalín |
Esta segunda volta fágoa en 10:47 minutos que equivale ir a un ritmo medio de 3:55 min/km, moita máis lenta que a primeira volta e chegando a meta non moi satisfeito de como acabei.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 11º de 163.
- Posto categoría: 11º
- Tempo: 20:56 min.
- Ritmo: 3:48 min/km
O obxectivo foi descartado ao ser o percorrido distinto pero aínda así creo que non ía dar conseguido mellorar o tempo, as sensacións na segunda volta non foron moi boas e notei que me faltaba ritmo non sei cal puido ser o motivo, igual a calor e a humidade que había porque acabei empapado en suor pero haberá que seguir adestrando para ir mellorando pouco a pouco.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Ricardo Vázquez Vaamonde ... 19:11
- José Canda Louzao ..................... 19:18
- Sergio Requeijo Requeijo ......... 19:35
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Mónica Montoto Vázquez ....... 25:36
- Vanesa Insaurralde Ramírez ... 25:42
- Lucía Peón Santomé ................... 26:55
0 comments