VII CorreSan - Nocturna Cidade Vella
- setembro 15, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Un ano máis inscrito ao Circuíto de Carreira Saudables de Santiago de Compostela, o CorreSan 2018 xa na súa VII edición. A primeira proba deste circuíto sería a Nocturna Cidade Vella onde teríamos que dar dúas voltas pola zona vella e a alameda ata completar unha distancia de 5,5 Km aprox.
- Intentar mellorar o tempo acadado o ano pasado que é de 20:05 min.
- Quedar o mellor posible para ver que opcións teño de cara a clasificación final do circuíto.
Cheguei a Santiago moi cedo xa que este ano non puiden ir recoller o dorsal os días previos e teño que collelo o mesmo día na Praza do Obradoiro. Para facer tempo fun dar unha volta por Santiago. Chegado o momento, acabei de cambiarme mentres vin a carreira doutra categoría e púxenme a quecer con compañeiros das carreiras que tamén ían disputar a proba.
A falta de 10 minutos para a saída, funme achegando a zona da saída xa que nesta proba ou saes adiante ou o tes complicado para recuperar postos e facer un bo tempo. Coloqueime nunha quinta fila aprox., máis ou menos cos corredores que teñen un ritmo parecido ao meu polo que estaba ben situado e tras o pistoletazo comeza a proba.
Foto: Federación Galega de Atletismo |
Os primeiros metros foron de supervivencia, moitos cóbados e corredores buscando sitio por onde non o había, por sorte creo que non pasou nada. Pasados os dous primeiros xiros xa se podía comezar a correr e a haber máis espazos, polo que comecei a recuperar os postos que perdín na saída por ir con precaución. Así fun toda a primeira volta recuperando postos e intentando tirar forte buscando baixar dos 20 min. ao final da proba. Tiven un pequeno susto na Alameda cando Julio, compañeiro das carreiras, segundo me contou ao final tropezou e chocou contra min pero sen maiores consecuencias. A verdade é que pensei que a culpa fora miña que lle dera eu sen querer co cóbado.
Pasei por meta marcando un tempo de 9:54 min. que equivale un ritmo de 3:36 min/km. Só tiña que aguantar a ese ritmo e o obxectivo do tempo estaría cumprido polo que sigo tirando.
Foto: RunPhotos Galicia |
Durante a segunda volta apenas gañei postos, foi máis unha pelexa comigo mesmo xa que o cansancio comeza a notarse e a miña cabeza quería ir máis rápido pero as pernas non ían máis, así fun toda a segunda volta. A falta de uns 500 metros para meta, no remate da subida, máis dura do percorrido, Julio adiántame, eu póñome a seguilo xa que a partir de aí era todo terreo favorable, na última baixada pásolle e encarando xa a recta de meta comecei un longo sprint que non remato ata cruzar a liña de meta porque miraba o crono e estaba a piques de non conseguir baixar dos 20 min.
Cheguei a meta facendo esta segunda volta en 10:03 min. peor que na primeira volta pero o cansancio e esa última subida acabaron comigo.
Foto: RunPhotos Galicia |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 26º de 623.
- Posto categoría: 8º.
- Tempo: 19:57 min.
- Ritmo: 3:38 min/km.
Os obxectivos cumpridos. Conseguín mellorar o tempo do ano pasado en 8 segundos e así baixar dos 20 minutos. En canto a posición do circuíto creo que vai estar complicado pero haberá que correr ata o final a ver se conseguimos acercarnos ao podio.
En canto a carreira moi ben organizada xa que ten que haber moito traballo para que nos poidamos correr polo centro de Santiago un sábado a noite. Carreira rápida e dura cunha pendente importante que na primeira volta aínda se sube "ben" pero que na segunda volta fai estragos en un.
En canto a carreira moi ben organizada xa que ten que haber moito traballo para que nos poidamos correr polo centro de Santiago un sábado a noite. Carreira rápida e dura cunha pendente importante que na primeira volta aínda se sube "ben" pero que na segunda volta fai estragos en un.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Pedro Nimo del Oro ....................... 17:37
- Nuno Costa ....................................... 17:49
- J. Pablo Fernández Rodríguez ... 18:06
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Esther Rodríguez Díez ..... 20:18
- Mónica Álvarez Alonso ... 22:45
- Rebeca Soto Viñas ............ 23:26
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Federación Galega de Atletismo e RunPhotos Galicia. Moitas gracias
0 comments