XXVII Carreira do Gundián
- setembro 09, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
O ano pasado non puiden asistir a esta proba porque coincidira co Campionato Galego de Media Maratón en Ribeira pero este ano volvía a carreira da casa e que me veu nacer como corredor xa que foi a primeira que fixen no 2013, cumprindo así 5 anos neste mundillo.
Toca desprazarse ata Ponte Ulla (Vedra) onde se ía celebrar a XVII Carreira do Gundián. Sobre unha distancia de 4 Km dando unha volta e media a un duro percorrido.
Os obxectivos serían:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 15:40 min. conseguido no 2015.
- Desfrutar do gran ambiente que hai sempre nesta proba.
Cheguei a Ponte Ulla para recoller o dorsal e esperar que chegase a hora para poñerse a quecer, mentres fun saudando a gran cantidade de compañeiros de carreira que tamén ían disputar a proba. Antes da carreira absoluta corrían os da categoría inferior na que este ano ía miña prima Vanesa e que conseguía ser a 15º muller en entrar en meta.
Mentres esperaba a que rematasen os da categoría anterior púxenme a quecer un pouco para preparar as pernas para as duras pendentes que nos esperaban. Rematada a proba anterior, era a quenda da absoluta. Coloqueime nunha segunda fila para a saída xa que ía intentar saír forte antes das subida para ter unha boa posición e despois manter un ritmo alto. Deuse a saída coma sempre ao son dunha bomba de palenque e arranquei bastante ben, gañando postos.
Comezamos a subir cara a ponte do tren, durante a subida ía gañando postos, claramente estaba fresco e as pernas respondían perfectamente aínda que, tiña na cabeza intentar gardar algo para volver a subir, nesta primeira subida xa subín forte para non perder aos rivais de vista, nin as opcións a intentar mellorar o tempo.
Cruzamos a ponte e baixamos novamente ata Ponte Ulla. A baixada ten uns metros moi duros pero que logo suavizan e imos practicamente llaneando ata que toca volver subir. Durante este tramo xa non era quen de alcanzar a máis corredores e o obxectivo era manter posición.
Foto: Organización |
Comezamos a subir unha última vez e foi como se de repente quedase sen forzas, non era capaz de subir ben e comezo a perder postos. Tiña ganas de botarme a andar porque as pernas non ían e a subida estábase facendo eterna pero por sorte so perdín un par de postos.
Foto: Organización |
Recta final, mirei cara atrás e perseguíame un corredor de outra categoría polo que me relaxo un pouco xa que non aínda que perdera o posto non ía influír no meu resultado e chego a meta moi canso e coas pernas rotas do esforzo.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 15º de 146.
- Posto categoría: 7º
- Tempo: 15:51 min.
- Ritmo: 3:58 min/km.
Os obxectivos non os cumprín xa que me quedei a 11 segundos do mellor tempo que teño nesta proba, as sensacións non foron todo o ben que me gustaría e tocou sufrir moito para chegar a meta vendo como perdía algún posto polo que toca poñerse as pilas e adestrar mellor para as próximas probas.
En canto a proba coma sempre perfecta en organización, dobre avituallamento de auga e avituallamento final, camiseta e sorteo final e todo isto coa inscrición gratuíta. Para o ano aí estarei de novo e espero chegar moito mellor para lograr os obxectivos.
En canto a proba coma sempre perfecta en organización, dobre avituallamento de auga e avituallamento final, camiseta e sorteo final e todo isto coa inscrición gratuíta. Para o ano aí estarei de novo e espero chegar moito mellor para lograr os obxectivos.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Nuno Costa ... 14:00
- Akka Essaadaoui ... 14:10
- Robertas Geralavicius ... 14:25
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Mª Jesús Gestido Rodríguez ... 16:06
- Rocío Carbia Lojo ... 18:26
- María Mareque Martínez ... 18:35
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Organización da carreira, familiares e amigos. Moitas gracias.
0 comments