XXIV Carreira Popular de Gundián
- setembro 13, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Hoxe tocou desprazarse ata Ponte Ulla onde se disputaba a XXIV
Carreira Popular de Gundián. Tocaba correr na “casa” esta
carreira especial xa que foi a primeira proba que disputei ala polo
2013 e facendo así dous anos neste mundo do atletismo.

Despois de recoller o dorsal púxenme a
quecer e a saudar a compañeiros. Unha vez que terminou a carreira
anterior da categoría inferior deu comezo a nosa.
Unha vez se deu a
saída intentei colocarme nunha boa posición para afrontar a
primeira curva xa que nos metemos nunha pista máis estreita pola
que, ao estar aínda todos xuntos e máis complicado gañar posicións
pero coma sempre mala saída e quedeime un pouco atrasado sen moito
sitio por onde avanzar.
Encarando as primeiras pendentes fun gañando
algunha posición pero mantendo un ritmo “tranquilo” xa que
despois haberá que volver subir. Unha vez chegamos a capela de
Gundián empecei a apretar un pouco e seguín gañando posicións.
Cando comezou a baixada baixei un pouco o ritmo por precaución xa
que a estrada estaba mollada e había perigo de esvarar. Unha vez
pasada a baixada só quedaba volver subir polo que empecei a tirar
forte posiblemente forte demais xa que as primeira das pendentes
subina ben pero na segunda xa me chegou e quedei sen forzas para
esprintar nos metros finais.


0 comments