I Carreira Nocturna Solidaria de Nadal Concello de Vedra

Primeira carreira do ano e onde mellor que correla na casa, por iso despraceime ata Vedra onde se celebraba a I Carreira Nocturna Solidaria de Nadal Concello de Vedra sobre unha distancia de 6,5 km aprox. 
O obxectivo será o podio xa que correr na casa sempre é un aliciente e estarei máis motivado para sacar forzas de onde non as haxa. 
Unha vez que cheguei a Vedra, fun recoller o dorsal e a entregar os alimentos que levaba xa que o fin desta nova carreira e recadar alimentos para entregarllos aos Servizos Sociais Municipais. Xa co dorsal fun quentar un pouco, saudar a coñecidos das carreiras, a parte do equipo que hoxe se desprazaba ata alí e sacar a foto con eles.
 

Colocados para a saída, quedeime nas primeiras posicións xa que o obxectivo era o podio e tiña que saír forte dende o principio. Tras darse o comezo da proba arranquei forte intentando seguir o ritmo que se estaba a marca no grupo aínda que ao ser nocturna e meternos por camiños sen iluminación ía con coidado de onde estaba a pisar.


Por esa zona pásanme varios corredores pero unha vez se chegou a unha zona onde estaba máis iluminada cambiei de ritmo e empecei a gañar posicións ata que cerca do km 3, comezo a sentir unha dor punzante na zona abdominal que apenas me deixa respirar e que me obriga a reducir considerablemente o ritmo e ver como me comezaba a adiantar xente sen eu poder facer nada. Dous dos compañeiros de equipo que me pasan pregúntanme se ía ben pero xa se imaxinaban que me dera flato. A dor duraríame cerca de km e medio e xa polo km 4,5 recupérome algo e comezo a recuperar o ritmo que levaba, aínda que xa coas aspiracións ao podio perdidas decido intentar acabar o mellor posible e volver a tirar forte. Logro recuperar un par de posicións e chegar a meta con algo de dor e que seguiría con esa molestia ata que volvín a calma.
 

O final posto 14º de 250 e 6 da categoría, con un tempo de 24:00 que equivale a un ritmo de 3:42 min/km. O obxectivo non puido ser cumprido por culpa do pinchazo que sufrín pero que se non me chegara a dar posiblemente o lograra, posiblemente paguei os excesos navideños.

Podio Absoluto:

     1. Pedro Nimo del Oro ................... 21:23
     2. Amadeo Abal Chaves ................  21:29    +6
     3. Jose Manuel Iglesias Torres ....... 23:03    +1:39

Quédome co bo final que tiven a pesar de seguir coa molestia e que para o ano intentarei estar no máis alto. En canto a carreira estivo moi ben e é entretida tendo algunha pendente pronunciada e zonas onde se ía moi rápido. A mellorar para as próximas edicións sería a iluminación xa que había zonas nas que non sabías por onde se ía e apiques estiven de ir campo a través pero polo resto moi ben sendo unha carreira gratuíta onde o importante era recadar alimentos para a xente que os precise. 
PD: Fotos cortesía de RunPhotos Galicia e Xurxo. Grazas!! 

Tamén che pode gustar:

0 comments