III San Silvestre Compostelana

Tocou desprazarse ata Santiago de Compostela onde se celebraba a III San Silvestre Compostelana sobre unha distancia de 4,4 km aprox. con saída e chegada na Praza do Obradoiro.
Cheguei sen un obxectivo claro xa que non sabía se correr a quedar diante ou tomala como un adestramento e desfrutala e así acompañar ao meu amigo durante o traxecto. Unha vez en Santiago intentamos poñer os disfraces que levabamos para correr pero unha vez postos a ningún dos dous nos convenceu e decidimos non poñelos previamente percorremos Santiago en busca de un bazar chino para pillar uns disfraces e non atopamos nada.
Xa na saída foi cando decidín non correr a ritmo de carreira meu e pasalo ben así tras darse comezo a proba e estar situado entorno a metade do pelotón arrancamos practicamente andando e parando cada dous por tres xa que se formaban aglomeracións era imposible pasar. Ata pasado 1 km non se puido empezar a correr tendo algo de espazo libre. Cando chegamos a Alameda perdín ao meu compañeiro porque el empezou a tirar e eu quedeime sen poder pasar e cando conseguín gañar uns postos e volver ter camiño despexado xa non o vía polo que empecei a correr ao meu ritmo normal mentres controlaba a xente que ía pasando para ver se atopaba ao meu amigo. Despois de saír da Alameda foi cando o consigo ver e xa me levaba uns 500 metros de vantaxe polo que tiven que correr rápido e 1 km despois xa estaría onde el. A partir de aí xa fun con el controlando o ritmo e animando a tirar mentres íamos gañando algún posto na recta final.
O final posto 424º de 1809 e 332 da categoría, con un tempo de 21:37 que equivale a un ritmo de 4:55 min/km. Os obxectivos cumpridos xa que desfrutei da carreira a pesar de non dar corrido no primeiro km pero que despois se me fixo moi entretida mentres buscaba ao meu amigo entre tantos corredores e por primeira vez puiden ver como era facer unha carreira máis tranquila e non ir a quedar o mellor posible.

Podio Absoluto:

     1. Pedro Nimo del Oro ............. 13:43
     2. Alberto Chaves Camino ....... 13:48    +5
     3. Fernando Vales Ferreira ....... 13:49    +6


Todo ben menos as aglomeracións que se forman que se podía solventar con varias saídas, facendo así que os que vaian a competir poidan facelo máis comodamente e que non sei que pasou co tema das duchas xa que cando fomos ata o pavillón indicado estaba pechado e tivemos que volver sen ducharnos.

Tamén che pode gustar:

0 comments