Solidario/a Lalín 2016

Hoxe tocoume desprazar ata Lalín onde se celebraba a Carreira Solidario/a Lalín sobre unha distancia de 7,2 km que practicamente percorrería o paseo Pontiñas. 
O obxectivo será acabar entre os 10 primeiros xa que levaría medalla ao dar trofeo aos tres primeiros e medallas ata o 10º posto. 
Tras recoller o dorsal, esperei ata que chegara a hora para poñerse a quentar xa que estaba a chover e non había moitas ganas de mollarse pero xusto antes, sacamos unha foto con todos os participantes.

 

Unha vez que se deu a saída, arranquei tranquilo xa que a primeira parte ata chegar a zona do paseo había que ir con precaución polo que quedeime atrasado. Unha vez que collín o paseo e empezaba a estirarse o grupo foi cando empecei a aumentar o ritmo e a gañar posicións.


De lonxe vía a moita xente por diante miña polo que cada vez ía máis rápido para seguir recortando postos, xa non me importaba se metía o pé nunha charca ou pisaba no barro, só quería seguir gañando postos para chegar a estar nos dez primeiros. A última parte de carreira normalmente sempre se me atraganta, non sei o motivo pero xa me ten pasado na Carreira do Cocido que transcorre pola mesma zona e na Solidaria do ano pasado, eu imaxino que será porque para ira ao final do paseo a pendente e favorable e vou máis rápido do que debería e cando toca regresar vai picando cara arriba aínda que non se note moito e o corpo xa vai cansado.


Este ano a tiña un engadido duns 600m para facer a carreira un pouco máis longa pero que se fixo ben e se podía ver aos corredores que levaba por diante polo que ao contar xa vin que estaba nos 10 primeiros. Así que só quedaba ir aguantando o ritmo e controlar ao corredor que viña por detrás para que non me adiantase, aínda así por esa parte apertei un pouco para poder chegar a meta máis tranquilo.


O final posto 6º de 92 e 6º da categoría, con un tempo de 27:37 que equivale a un ritmo de 3:51 min/km. O obxectivo cumprido xa que conseguín chegar a entrar nos 10 primeiros e non tiven problemas como o día anterior no que me deu flato nin se me atragantou a última parte do paseo.


Podio Absoluto:
  1. Ricardo Vazquez Vaamonde ..... 25:58
  2. Cristóbal Dafonte Dieguez ......... 26:48
  3. Jose Manuel Seoane Pombo ..... 26:52
En canto a carreira é bonita percorrendo o paseo Pontiñas e a mellorar quizais era mellor dar os premios despois de pasar pola ducha xa que ter que estar alí esperando por unha medalla mentras estás todo mollado pode levar a ter unha boa gripe nos próximos días, polo resto non hai queixa, bo avituallamento e o paseo todo marcado para saber por onde tíñamos que ir. 
PD: Fotos cortesía de Fair Play Sports. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments