XII Carreira Popular Concello de O Pino
- maio 03, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois da carreira
de onte en Muros hoxe tocou desprazarse ata Arca en O Pino onde se
celebra a XII Carreira Popular Concello de O Pino sobre unha
distancia de 8,1 km, esta será a miña carreira nº 50.
O obxectivo será o
de mellorar o resultado do ano pasado, aÃnda que este ano o
recorrido é o mesmo (2 voltas) faise ao revés e a ver como sae.
Tras estar chovendo
toda a noite, parecÃa que Ãa tocar mollarse pero unha vez que
chegamos a Arca parou de chover e ata saÃu o sol.
Tras realizar o
quecemento, eu xa me sentÃa mal, sen boas sensación nas pernas polo
desgaste de onte e o estómago, aÃnda co almorzo, tampouco estaba ben,
se cadra polo nervios que me seguen producindo cada carreira.
Unha vez fomos
chamados para colocarnos na saÃda, tivemos que esperar un pouco xa
que a pistola coa que se Ãa efectuar a saÃda non funcionaba pola
chuvia e despois de que arranxaran ese pequeno problema, deuse a
saÃda. Comecei forte para intentar levar un ritmo constante e se ao
final me quedaban forzas ir subindo o ritmo.No primeiro km fun gañando posición e sentÃame ben, as pernas parecÃan que estaban fortes e as molestias do estómago desapareceran. Cando chegamos a zona por onde pasa o Camiño Francés que transcorre por terra, estaba feito unha lameira polas chuvias da noite e ao ir aÃnda en grupo parece que pillei todos os charcos que habÃa pero iso fixo máis entretida a carreira, aÃnda que nalgún estiven por caer ao esvarar.
En resumen unha
proba que para min creo que é máis dura facéndoa neste sentido que
como o ano pasado pero que está moi ben organizada e todo ben
marcado. Para o ano volverei, se as lesións respectan para intentar
mellorar que tendo boas sensación deberÃa conseguilo.

0 comments