VI CorreSan - Ponte Mantible - Vite
- decembro 02, 2017
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou disputar a última proba do Circuíto de Carreiras CorreSan de Santiago de Compostela. Desta vez nunha proba nova que transcorrería pola Ponte Mantible - Vite. Nun percorrido de dúas voltas ata completar a distancia de 5,9 Km.
Os obxectivos serían:
- Intentar gañar algunha posición na clasificación final xa que practicamente descarto o podio porque vou 8º a 19 puntos/posicións do 3º clasificado.
- Desfrutar da última proba deste circuíto e a ver que tal esta nova proba.
Cheguei a Santiago co tempo xusto para quentar e poñerme na saída pero todo se truncou nada máis aparquei e me puxen a cambiar. Por primeira vez esquecéuseme o dorsal na casa. Rapidamente fun a onde se entregaban os dorsais a ver se había algunha solución, de alí mandáronme a que falase cos xuíces da federación onde me comunican que tras abonar unha cantidade de 3€ me facilitaban un novo dorsal. Unha vez alí xa me daba igual, só quería correr, polo que pago e tras un erro meu a hora de dicirlle que número de dorsal tiña queda todo solucionado.
Ao saír da furgoneta da federación fun acabando de cambiarme e poñendo rumbo a saída xa que era a hora de comeza e eu aínda non quentara nada co frío que estaba facendo.
Ao saír da furgoneta da federación fun acabando de cambiarme e poñendo rumbo a saída xa que era a hora de comeza e eu aínda non quentara nada co frío que estaba facendo.
Coloqueime na parte de adiante xa que aínda que ía sen quecer os obxectivos ían ser os mesmo e dáse a saída. Arranco mal, perdendo posición sen ser capaz de seguir a xente, estábame custando entrar en calor e así paso o primeiro km no que predominaban as pendentes non moi fortes pero notábase cando subías.
Mentres fun collendo ritmo de competición, pasamos polo que será o punto de meta e posiblemente a zona máis interesante do percorrido, a Ponte Mantible. Lugar que non coñecía e que está bastante ben para dar un paseo.
Deixando a Ponte Mantible atrás e seguimos subindo cara o aparcadoiro de Salgueiriños onde dariamos a volta. Pouco a pouco vou collendo ritmo e gañando posicións pero non conseguía ver os 'rivais' dos circuíto polo que había que seguir tirando forte.
Comecei a segunda volta e voume quedando só, sen ninguén que me alcanzara por detrás e sen dar caza a ninguén por diante pero seguía tirando forte intentando alcanzar a alguén para polo menos, gañar algún posto máis e quedar con bo sabor de boca.
No último km consigo chegar a altura doutro corredor que vou deixando atrás aínda que me custa un pouco. Xa só pensaba en chegar a meta o máis rápido posible e fago un último esforzo coa recompensa de gañar un posto máis a falta de 100 metros para finalizar a proba.
O resultado final foi:
- Posición xeral: 29º de 318.
- Posición categoría: 10º.
- Tempo: 20:27 min.
- Ritmo: 3:28 min/km.
Os obxectivos cumpridos. Gañei un posto na clasificación do circuíto para quedar 7º da categoría a 23 puntos/posicións do 3º clasificado. Desfrutei da proba a pesar de saír en frío e apurado ao ser carreira nova sempre vas mirando a ver con que te atopas e foi unha proba entretida.
En canto a esta nova proba está ben pero non me acabou de gustar de todo, sobre todo na zona do aparcadoiro que estaba moi solitaria.
Sen dubida a mellor proba do circuíto a Ruta dos Parques e por encanto e maxia a Nocturna Cidade Vella.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Diego Alonso Campo ........... 17:54
- Amador Pena Torreira .......... 18:08
- Cristián Muiño Varela .......... 18:21
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Raquel Suárez Pedrosa ......... 20:53
- Mónica Álvarez Alonso ........ 22:09
- Noelia Papín Estévez ............ 22:23
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Xoán A. Soler (La Voz de Galicia) , RunPhotos Galicia e Juanma Mata. Moitas Gracias.
0 comments