VI CorreSan - Ruta dos Parques

Terceira proba do Circuíto CorreSan de Santiago de Compostela, desta vez nun renovado percorrido pola Ruta dos Parques de 6 Km de distancia, con saída na Cidade da Cultura e chegada no Parque Eugenio Granell.

Os obxectivos serían:
  • Saír a tope dende o comezo e aguantar un ritmo forte durante toda a proba.
  • Quedar no mellor posto posible para seguir tendo opcións de cara a clasificación final por categorías.
Unha vez cheguei a lugar da meta no Parque Eugenio Granell, collín o bus que nos levaría ao lugar da saída na Cidade da Cultura. Xusto cando estabamos chegando, púxose a chover polo que comecei o quecemento a cuberto polas instalacións da Biblioteca da Cidade da Cultura, como vin que non tiña moita pinta de parar decido saír igualmente para ir aclimatando o corpo a auga e o frío que estaba a facer.

Coloqueime bastante adiante coa idea de saír rápido e non perder moito como fago sempre. Tras un pequeno atraso, esperando a confirmación de que todo estivera ok para saír, arrancamos, xa sen choiva e vou perdendo posicións por precaución para non tropezar con outros corredores.


Transcorridos uns metros xa collo ritmo e comezo a gañar postos, antes de encarar a baixada da Cidade da Cultura polo zig-zag que teñen feito no Bosque de Galicia.


Comecei a baixar ben pero en cada curva cerrada ao estar todo mollado, había que frear antes senón corríase o perigo de esvarar, por sorte non pasou nada. Chegamos ao Multiusos Fontes do Sar onde poñemos rumbo ao Paseo fluvial do Sar. As sensacións eran boas e segundo o reloxo estaba marcando ritmos entorno a 3:10 / 3:30 min/km, tamén dicir que era todo costa abaixo. 


Xa polo Paseo fluvial do Sar as cousas comezáronse a complicar pero non por molestias senón que o terreo era area e ao estar mollada facía patinar moito as zapatillas e perdíase tracción, non era moito pero as veces si que se notaba bastante.


Chegamos ao Parque Granell polo que xa só restaban 2 Km intento dar todo o que me quedaba para seguir gañando posicións pero as pernas estaban bastantes castigadas de tanto baixar, xa me custaba bastante respirar pola mucosidade que sigo tendo da gripe e o percorrido polo parque non permitía manter un ritmo forte debido ao cambios de sentido e as varias pontes esvaradías que había, nunha delas ata fun andando para non caer xa que alí estaba caendo bastante xente. O terreo era o propio para facer un cross, algo que fun pensando chegando a meta.


O resultado final foi:
  • Clasificación xeral: 31º de 337.
  • Clasificación categoría: 9º.
  • Tempo: 21:55 min.
  • Ritmo: 3:36 min/km.
Os obxectivos máis ou menos xa que aínda que conseguín tirar forte dende o comezo e manter un bo ritmo durante toda a carreira o resultado de cara a clasificación non foi o esperado e segundo as miñas contas vai estar moi complicado que consiga chegar ao podio pero haberá que saír a tope na última proba e intentar quedar por diante dos "rivais" e recortar distancias. 

En canto a carreira gustoume moito o novo percorrido xa que é máis rápido que o do ano pasado porque unha vez no Parque Eugenio Granell non temos que subir unha importante pendente que o ano pasado si había que subir. A ve se para o ano se corre en seco e se poden mellorar os tempo porque así en mollado é complicado.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Diego Alonso Campo .......... 19:30
  2. Cristian Muiño Varela ........ 19:36
  3. Alberto Carou Carril ........... 19:50
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Raquel Suárez Pedrosa ......... 22:06
  2. Mónica Álvarez Alonso ........ 24:16
  3. Maria Tarrio Martínez .......... 25:05

Tamén che pode gustar:

0 comments