III Trail Ruta dos Muiños de Samieira

Tras a carreira de onte en Brión, hoxe despraceime ata o Concello de Poio, máis concretamente a Samieira, onde se celebraba o III Trail Ruta dos Muíños de Samieira sobre unha distancia de 17 km. 
Os obxectivos serían sumar km nas pernas facendo un "adestramento" distinto de cara a Media Maratón de Pontevedra xa que faltan dúas semanas e desfrutar da natureza e montes de Galicia.
Unha vez chegamos a Samieira, recollín o dorsal que curiosamente era o número "112" e participaba na miña carreira 112 ademáis é o número de emerxencias, sería algunha indirecta da organización...
Coloqueime na saída na zona de adiante pero máis atrasado do que estaba saíndo nas últimas carreiras xa que vou coa idea de desfrutar e facer km's. 


Tras darse a saída arranco como se fora unha carreira normal e gaño bastantes posicións, para sorpresa que transcorridos uns 600 metros aprox. xa houbo un erro e unha gran parte dos corredores foi por un camiño que en principio estaba mal pero que ao final era o correcto só que se esqueceran de quitar unha cinta e houbo confusión de cara onde tirar, eu nese cruce quedei sen saber cara onde tirar pero como cara abaixo a cinta cortaba o paso tirei cara arriba e non facendo 200 metros que en principio había que facer. Tras esa confusión seguín tirando e recuperando postos ao quedarme no cruce parado sen sabe que facer pero peor o tiñan os que tiraron cara abaixo que tiñan que adiantar a todos... A partir do km 1,5 comezabamos a subir percorrendo a ruta dos muíños, pouco tempo me deu de miralos xa que entre que miraba cara o chan para non tropezar e ir deixando pasar aos corredores que se equivocaron ao comezo, que eran máis rápidos non me deu tempo de admirar os muíños.


Ata o km 5 foi todo o tempo en subida constante, as veces máis empinado onde xa me botaba a andar para non cargar moito as pernas. Había zonas que permitían correr ben, nas que me tiña que ir dicindo seguido que fora máis tranquilo que a carreira era moi larga pero outras que eran para escalar polas pedras e que case facía falta unha corda para subir. 
 Ao paso polo km 9 estaba situado o control de paso onde pasei no posto 20º con un tempo de 51:49 min. que equivale un ritmo de 5:46, bastante ben para ir máis ou menos tranquilo. Curioso foi que non contaba que fixera tanta calor e tiven que sacar o headband e remangar as mallas porque estaba afogando. 
Sobre o km 10 ou 11 adiántame un corredor que un pouco máis adiante cae ao levantar a cabeza para mirar se cara onde había que tirar pero sen consecuencias dende ese momento vou con el practicamente ata o final da carreira, falando da carreira e das nosas lesións, dese modo fíxose o traxecto máis ameno a pesar de que a última parte da carreira que case era todo baixada levaba o nocello dereito tocado ao igual que a planta do pé supoño que foi cousa das zapatillas que non estou afeito a elas nin aos trails pero que de vez en cando algún hai que facer para que traballen músculos que normalmente non traballan en asfalto.


Outra cousa que me quedará desta carreira e que foi curioso foi que a iso de 300 metros para rematar a carreira tiñamos que cruzar a estrada pero cando cheguei alí a policía local, creo recordar, déralle paso a un pelotón de ciclistas e tiven que quedar esperando sobre uns 30 segundos a que pasaran todos mentres eu miraba cara atrás seguido para que non viñera ninguén e me adiantase por estar alí parado pero todo quedou nunha anécdota máis, xa que ao ver os tempos finais vin que o corredor que levaba por detrás estaba a máis de un minuto.


O final acadei o posto 21° de 123 e 9° da categoría con un tempo de 1:39:53 que equivale a un ritmo de 5:53 min/km. Os obxectivos cumpridos xa que a pesar de facer media carreira tocado do nocello e do pé, paseino ben falando cos corredores e sobre todo desfrutando das paisaxes que nos íamos atopando aínda que non me dera tempo de ver moito. 
En canto a carreira moi ben organizada, a bolsa do corredor final moi ben e voluntarios nalgún dos cruces onde nos podíamos equivocar, o único erro foi ao comezo da carreira que se esqueceron de quitar unha cinta pero polo resto todo o percorrido con cintas fáciles de ver marcando o camiño. Outra cousa da que a xente non quedou contenta foi do último avituallamento que tiña que irse do percorrido para despois volver cara atrás pero iso eu non podo opinar porque como é habitual paso dos postos de avituallamento en carreira a non ser que note que me faga falta. Pois o dito seguramente volva a esta probo ou incluso a facer a ruta dos muíños facendo un pouco de sendeirismo que non hai porque ir correndo sempre e desfrutar mellor das paisaxes.

Información técnica:
  • 17 km
  • Desnivel + / -: 543 / 543 m.
  • Altitud min / max: 17 / 418 m.
  • Ruta Wikiloc


Clasificación xeral homes:
  1. Rafael Fuentes Lubian ......................... 1:21:30
  2. Juan Sebastian Diaz Iglesias ................ 1:22:22
  3. Jose Canda Louzao .............................. 1:27:08
Clasificación xeral mulleres:
  1. Aída García Lopez ............................... 1:45:01
  2. María Gonzalez Martinez .................... 1:47:37
  3. Margarita Villaverde Rosales .............. 1:48:21
PD: Fotos cortesía de FotoCarlosGrafias. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments