XIV Carreira Popular da Amaia
- outubro 01, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou
desprazarse ata Brión para disputar a XIV
Carreira
Popular
da
Amaia, onde os obxectivos serán comprobar se o ritmo obtido na
Carreira de LalÃn se mantén e desfrutar da carreira xa que vai ser
a primeira vez que participo e
non sei o que me vou atopar.
Unha vez chegamos, recollÃn
o dorsal e puxémonos
a quecer un pouco. Todos me dixeran que a carreira estaba ben e que
tiña algunha costa. Coloqueime practicamente adiante de todo para
saÃr rápido e marcar un bo ritmo dende o comezo. Tras darse a
saÃda, que
eran uns 400 metros aprox. costa abaixo,
arranco ben gañando algunha posición ata que a iso de 200 metros,
quedo sen
poder avanzar porque non dou meterme por ningún lado para poder
seguir avanzando.
Tras a baixada veu un pequeno
tramo chan onde puiden atopar espacios e seguir gañando posicións
ata que se empezou a subir e houbo que cambiar de ritmo.
SubÃn
a un ritmo constante porque non vÃa o final da costa que
me permitiu avanzar postos
pero ao non saber o largo que Ãa ser esa subida seguÃn tirando
mantendo o ritmo, esa
costa era eterna, chegando case a final da pendente recordo que habÃa
que xirar a esquerda e pensei para min "se nese xiro se segue subindo o vou pasar moi mal", afortunadamente aà remataba a
pendente e estaba o avituallamento con auga para quen quixera ou lle fixera falta, eu non collÃn como é habitual e comezabamos a baixar e a relaxar un pouco as pernas.
A
partir de aà practicamente conservei o posto levando un bo ritmo.
A
iso de 2 km para o final decido incrementar un pouco máis o ritmo
polo que me vou acercando a corredores que levo por diante e que vou
pasando, non sabÃa que no último km habÃa outra costa e que
fai que comece a faltarme forzas para chegar, sabÃa que tiña a
un dos corredores que adiantei pegado a min e non podÃa afrouxar
aÃnda asà pensei que maña é outro dÃa onde tiña que competir de
novo e antes de entrar na carballeira onde estaba a meta xa tiña
decidido que non Ãa disputar a posición.
Chegando a carballeira vou
chocando a man cos rapaces que estaban alÃ, sinto ao corredor que
viña por detrás incrementar o ritmo para adiantarme e eu que tiña
decidido non sprintar, subo levemente o ritmo, máis que nada para
poñerllo un pouco difÃcil pero consegue adiantarme, mentres eu
seguÃa ao meu, chocando a man aos rapaces para entrar en meta. Unha vez cruzada a meta doulle a man ao corredor que me adiantara nos metros finais e onde
me quedei sorprendido xa que me pediu perdón por adiantarme.
O
final acadei o posto 22°
de 191
e 7°
da categorÃa con un tempo de 28:55
que equivale a un ritmo de 3:37
min/km. Os obxectivos cumpridos
xa que desfrutei
moito pero
que tamén sufrÃn porque non contaba con que fora tan dura a
carreira,
o
ritmo ao final un pouco peor que en LalÃn pero por debaixo do que
estaba facendo ata agora polo que moi contento xa que a carreira tiña
moita subida que fai empeorar ese ritmo.
En canto a carreira dura,
foi un constante sube e baixa que che vai deixando as pernas
desfeitas e máis se non sabes como é a carreira pero seguro que
volverei na próxima edición se todo vai ben.
Clasificación xeral homes:
- Manuel Angel Penas Blanco ........... 24:15
- Hassan Lekhili ................................. 24:51
- Victor Riobo Villanueva .................. 25:19
Clasificación xeral mulleres:
- Paula Mayobre Gonzalez ....................... 28:11
- Rocio Alvite Ferreiro ............................. 29:35
- Raquel Suarez Pedrosa .......................... 30:16
PD: Fotos cortesÃa de VERunners e Concello de Brión. Grazas!!
0 comments