I Carreira Solidaria Santander #123ACorrer Lalín
- setembro 23, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois
de dúas carreiras duras nas que só tocaba subir e subir (Gundián e
Monte Pedroso), había que volver a unha proba onde poder correr máis
rápido e por iso me despracei
ata Lalín para disputar a I Carreira Solidaria Santander #123ACorrer
(6 km) e
abrir as festas xa que comezan ese día.
Os
obxectivos serán desfrutar do ambiente festivo, seguir sumando km's
para os obxectivos do próximo mes e o máis importante, axudar a
Cruz Roja Asamblea Local de Lalín.
Unha
vez que cheguei a Lalín, recollín o dorsal e como aínda faltaba
unha hora e media, houbo tempo de ir tomar algo para facer tempo.
Claramente eu non tomei nada, xa que dúas horas antes xa non lle meto
nada ao estómago
para poder correr mellor. Cando faltaba media hora xa me cambiei e
púxenme a
quecer un pouco mentres falaba con Carlos Pampín (compañeiro de
equipo).
Dez minutos antes do comezo, xa andaba cerca da meta para colocarme adiante pero antes fixémoslle un pasillo aos da carreira da diversidade funcional, onde chegaban todos cun sorriso ao vernos a todos os que participabamos na carreira aplaudíndolles, momento que me quedará na memoria e que fai de este deporte sexa máis grande.
Tras rematar esa carreira era a nosa quenda, aínda que xusto antes de nos saíron as handbikes. Coloqueime nunha segunda liña coa idea de saír moi forte dende o principio e así foi, deuse a saída e aínda que perdían algún posto por saír con precaución para non caer, rápido collo o ritmo e comezo a tirar.
Dez minutos antes do comezo, xa andaba cerca da meta para colocarme adiante pero antes fixémoslle un pasillo aos da carreira da diversidade funcional, onde chegaban todos cun sorriso ao vernos a todos os que participabamos na carreira aplaudíndolles, momento que me quedará na memoria e que fai de este deporte sexa máis grande.
Tras rematar esa carreira era a nosa quenda, aínda que xusto antes de nos saíron as handbikes. Coloqueime nunha segunda liña coa idea de saír moi forte dende o principio e así foi, deuse a saída e aínda que perdían algún posto por saír con precaución para non caer, rápido collo o ritmo e comezo a tirar.
Fun
toda a primeira volta examinando o círcuito e mirando se me ía
pasar factura saír tan rápido e aínda que tiña dúas zonas de
subida, eran levadeiras e daba tempo a recuperar nas rectas e
baixadas. Así a primeira volta marco un tempo de 10:18 minutos que
equivale a un ritmo de 3:26
min/km
e ía situado no posto 12º.
Intentei
seguir tirando igual, xa que me sentía bastante cómodo, o único
raro que me pasou foi que no primeiro tramo de subida onde en
principio sempre se me deu ben e sempre gaño posición desta vez foi
o revés e sempre que chegaba alí perdía algunha pero que logo
recuperaba. Na última das subidas chegaba emparellado con outro
corredor e alcanzando a outro polo que xusto cando alcanzamos ao outro, decido tirar moi forte para sacar unha distancia e que non me
adiantasen chegando a meta xa que estaba situada en leve baixada e a
min cústame sprintar aí, supoño que sigo con medo a unha nova
lesión. Consigo uns metros de vantaxe pero a iso de 150 metros para
o final conseguen adiantarme os dous corredores e iso que intento
sprintar pero cando xa vexo que non dou tirado máis afrouxo un pouco
e entro na meta decepcionado pero moi contento co resultado acadado.
Esta última volta douna en 10:37 minutos que equivale a un ritmo de 3:32
min/km, algo peor que a primeira pero conforme.
O
final acadei o posto 10°
de 192
e 10°
da categoría con un tempo de 20:55
que equivale a un ritmo de 3:29
min/km. Os obxectivos cumpridos
xa que desfrutei
moito, o resultado aínda que puido ser mellor moi contento e ao
acabar entre os 10 primeiros tiven que subir ao podio a recoller a
camiseta do TOP10 pero o máis importante foi axudar a Cruz Roja de
Lalín.
En canto a carreira moi ben organizada, aínda que estaría
mellor poder recoller os dorsais no sitio da saída e algo sólido ao
final pero polo demais moi ben, os cruces todos ben sinalizados e unha
boa bolsa do corredor.
Clasificación xeral homes:
- Ricardo Vazquez Vaamonde ........... 19:17
- Jose Canda Louzao ......................... 19:33
- Diego Calvete Carballa .................. 19:41
Clasificación xeral mulleres:
- Noelia Fernandez Sueiro .......................... 26:15
- Carolina Balado Lopez ............................. 27:31
- Vanesa Insaurralde Ramirez ..................... 27:38
PD: Fotos cortesía de Pic2Go. Grazas!!
0 comments