XXV Carreira Popular de Gundián

Carreira especial a que me tocaba disputar xa que foi a primeira proba que disputei no 2013, con esta xa será a terceira participación e cumprindo 3 anos no mundo das carreiras populares, no que unha vez que empezas xa non hai marcha atrás e sempre queres máis. 
Tocou desprazarse ata Ponte Ulla para disputar a XXV Carreira Popular de Gundián sobre unha distancia de 4 km aprox. O obxectivo será intentar baixar o tempo do ano pasado (15:40 min) e sobre todo desfrutar da carreira.
Nada máis cheguei fun polo dorsal e xa se respiraba gran ambiente, deume tempo a ver a saída dunha das categorías inferiores e xa me puxen a quecer. Mentres estaba no quecemento planifiquei a carreira, saír adiante para non perder moitas posicións, na primeira vez que subiamos ía intentar subir cómodo sen apertar moito gardando forzas para volver a subir de segunda.
Xa colocado na saída, lanzaron a bomba que daba o inicio da proba. Arrancaron todos bastante rápido pero eu como ía coa idea de facer unha primeira parte máis tranquila non lle din moita importancia e perdín moitos postos pero cando empezou a subida, moitos dos que comezaran moi rápido xa se empezaron a quedar e eu levando un ritmo constante comezaba a gañar postos. Cando chegamos arriba, comezo a aumentar o ritmo para ir recuperando postos.


Pasando pola ponte do tren consigo gañar un par de postos, adiantando con calma para non ter que pisar polas pedras e provocarme unha torcedura.


Agora tocaba comezar a baixar, algo que non me gusta moito e as posición que gañara na ponte volvoas a perder, llaneamos un pouco onde volvo a recuperar as posicións, facendo un esforzo que non contaba e tocaba volver a subir, a primeira das costas aínda a subín ben pero xa notando que as pernas non ían e levaba unha respiración moi axitada. Na segunda das costas xa me notei nas últimas e miraba cara atrás seguido para controlar, aínda así perdo unha posición pero eu xa non podía máis e chego a meta apertando un pouco para non perder máis posicións. 


O final posto 32º de 219 e 18º da categoría, con un tempo de 16:14 min que equivale a un ritmo de 4:04 min/km. Os obxectivos ao final non os cumprín xa que me quedei a 34 segundos do tempo do ano pasado e non acabei con moi boas sensacións, moi cansado e a táctica de deixar algo para o final non valeu porque xa cheguei sen nada para volver a subir. 
En canto a carreira moi ben organizada coma sempre, moita xente animando sobre todo nas zonas da costa arriba que sempre se agradecen eses animos e na zona de meta. Das carreiras das que xa quedan poucas xa que é gratis e tes de todo, avituallamento intermedio nunha proba de 4 km, avituallamento final (auga, froita e donuts), camiseta técnica, bolsa e medalla para todos os participantes.


Se todo vai ben, seguirei cumprindo anos nas carreiras populares nesta proba e comendo o polbo a feira despois para celebralo como manda a tradición.
 
Clasificación xeral homes:
  1. Victor Riobo Villanueva .................... 13:18
  2. Rubén Diz Diaz .................................. 13:21
  3. Nuno Filipe Costa .............................. 13:31
Clasificación xeral mulleres:
  1. Paula Mayobre González ........................... 14:57
  2. Raquel Suarez Pedrosa .............................. 16:28
  3. Sara Pérez Rodríguez ................................. 16:43
PD: Fotos cortesía de Runphotos Galicia. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments