V Cross Río Liñares
- febreiro 27, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou desprazarse ata A Estrada, máis
concretamente a Praia Fluvial Río Liñares, onde se disputaba o V
Cross Río Liñares sobre unha distancia de 8 km e nun circuíto ao
cal teriamos que dar 4 voltas.
Os obxectivo serían seguir collendo
ritmo e desfrutar da carreira, xa que non se podía mellorar o tempo
do ano pasado porque o circuíto é distinto.
Unha vez que cheguei ao
lugar da carreira, fun recoller o dorsal e ver como estaba o circuíto
polo que teriamos que correr, tiña de todo, zonas polas que se
podía correr, un pouco de asfalto e moita zona embarrada. Cando
había que poñerse a quentar, comezou a chover máis e estiven
resgardado a ver se paraba un pouco, mentres saltaba no sitio para ir
entrando en calor. O tempo non mellorou e coloqueime na saída sen
quentar moito.
A saída foi rápida e intentei aguantar o ritmo que
se estaba impoñendo pero pouco a pouco notaba cada vez máis
molestias e decidín manter ritmo e non forzar máis. Así ao paso
pola 1ª volta marquei un tempo de 7:09 minutos, demasiado rápido
para ser as voltas de 2 km polo que imaxino que as voltas eran máis
pequenas e non tiñan a distancia que dicían.
Na 2ª volta seguín mantendo un
ritmo que a min me parecía elevado e estaba gañando posicións, polo
que seguín así e con moito coidado, porque sempre que pisaba en
barro patinaba moito, dado que levaba os tenis de asfalto e non me
sentía nada seguro correndo nesas condicións. Así nesta 2ª volta marquei un tempo de
7:23 minutos, máis lenta que a primeira pero intentando aguantar o
ritmo.
Durante a 3ª volta foi moi semellante a
2ª menos porque comecei a notar moito cansancio, seguro que
producido por falta de adestramento, xa que apenas estou adestrando
polas molestias do xeonllo e marquei un tempo de 7:33 minutos.
O peor chegou uns metros antes de chegar a comezar a 4ª e última volta, xa que me empezou a doer bastante a zona onde tiven a lesión e durante toda esta última volta fun sufrindo, baixando o ritmo considerablemente e adiantándome corredores mentres me daban ánimos para seguir e chegar a meta. Pola cabeza pasoume de todo, preguntarme porqué me empezara a doer tanto, a opción de retirarme ou incluso botarme a andar e chegar a meta así... Tirando de alma e corazón, cheguei a meta correndo e sufrindo moito, marcando nesta última volta un tempo de 8:11 minutos, 1 minutos máis que na 1ª volta.
O peor chegou uns metros antes de chegar a comezar a 4ª e última volta, xa que me empezou a doer bastante a zona onde tiven a lesión e durante toda esta última volta fun sufrindo, baixando o ritmo considerablemente e adiantándome corredores mentres me daban ánimos para seguir e chegar a meta. Pola cabeza pasoume de todo, preguntarme porqué me empezara a doer tanto, a opción de retirarme ou incluso botarme a andar e chegar a meta así... Tirando de alma e corazón, cheguei a meta correndo e sufrindo moito, marcando nesta última volta un tempo de 8:11 minutos, 1 minutos máis que na 1ª volta.
O final posto 38º de 84 e 17º da
categoría, con un tempo de 30:16 minutos que equivale a un ritmo de
3:47 min/km, ritmo que dudo moito que levara e que tras chegar a meta
moitos dicían que a distancia estaba mal que era menor entorno aos
6/7 km polo que imaxino que o ritmo que levaba estaría sobre os 4:30
min/km.
Cos obxectivo non cumpridos, xa que a pesar que nas primeiras
voltas si que o pasei ben meténdome polo barro e charcos todos, despois sufrín moito e non puiden seguir collendo ritmo e é posible
que teña que volver a pasar polo fisioterapeuta pola recaída
sufrida.
Espero que non sexa moito e poida volver pronto...
Clasificación xeral homes:
- Amador Pena Torreira .................... 24:36
- Ricardo Vazquez Vaamonde .......... 24:37
- Cristobal Dios ................................. 25:20
Clasificaión xeral mulleres:
- Rocio Carbia Lojo ............ 30:54
- Jennifer Bures ................... 31:32
- Isabel Saez Batallan ......... 31:56
PD:
Fotos cortesía de Jorge. Grazas!!
0 comments