XVI Cross de Boborás
- xaneiro 17, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Semana
complicada xa que despois de adestrar o luns, as molestias que
arrastraba de fai unhas semanas foron a máis e deixoume sen adestrar
o resto da semana. As molestias están localizadas pola zona traseira
do xeonllo e pola parte dos isquiotibiales que non me deixaban nin
trotar nin estirar a perna completamente así que decidín esperar a
ver como evolucionaba o resto da semana para decidir se ía a
carreira. O final o sábado estaba mellor e polo menos trotar un
pouco podía e decidín ir de todas formas o Domingo a Boborás onde
se disputaba o XVI Cross Popular Concello de Boborás sobre unha
distancia de 7,4 km.
Os obxectivos serán os de intentar rematar e se
é sen molestias moito mellor, tamén intentarei pero xa se remato a
carreira, baixar o tempo do ano pasado que está en 31:08 minutos e
desfrutar do percorrido que sempre se agradece correr polo monte e
sendeiros de vez en cando.
Unha vez cheguei a Boborás, recollín o
dorsal, saudei a compañeiros que tamén ían disputar a carreira e
funme cambiar para comezar co quecemento xa que o día estaba moi
frío.
Xa colocado na saída, posicioneime na zona media do pelotón
xa que o primordial é rematar e non sabía como me ía responder a
perna. Tras darse a saída arranquei tranquilo e comprobando as
sensacións, así foi o primeiro 1,5 km no que aguantei o ritmo e no
que non podía ir moito máis rápido xa que cada vez que quería ir
máis rápido, dábame un pinchazo polo lateral do xeonllo que non me
deixaba aumentar o ritmo, aínda así nese tramo ganei moitas
posicións xa que ao saír na zona media tiña moita xente por diante
a que me resultaría fácil adiantar dado a que teño un ritmo
superior.
A partir de aí en plena subida comecei a sentirme mellor
notando só un leve pinchazo pero que me deixaba correr “ben”
polo que recuperei moitas posicións e xa levaba un ritmo máis
competitivo. Este ano o terreo estaba perfecto para ir rápido xa que
o ano pasado estaba chovendo e había zonas con moito barro e moitos
charcos pero este ano todo limpo polo que puiden acadar un bo ritmo a
pesar de levar unhas zapatillas de asfalto. Ao paso polo km 3,7 onde
estaba situado un control de paso, marquei un tempo de 15:20 o que
equivale un ritmo de 4:09 min/km e situado no posto 48º. Desde ese
control ata meta fun aguantando o ritmo que estaba levando xa que
cada vez que intentaba forzar un pouco máis o pinchazo era máis
forte. O último km non notaba ningunha molestia e puiden tirar un
pouco máis chegando a meta detrás de outros dous corredores onde
pensei se intentar adiantalos ao sprint ou conformarme e por razóns
obvias decidín non forzar máis e quedarme nesa posición.
O final
posto 31º de 261 e 18º da categoría con un tempo de 30:19 minutos
o que equivale a un ritmo de 4:06 min/km. Os obxectivos pódese dicir
que cumpridos xa que conseguín baixar o tempo en 49 segundos e
desfrutei moito correndo polas pistas forestais pero o malo foi que
as molestias estiveron presentes practicamente en toda a carreira
polo que vai tocar pasar polo fisioterapeuta a ver que me di e moi
posible tomar un descanso.
Resumindo, boa carreira e boa organización
na que fun de menos a máis a pesar das molestias e un circuíto
rápido que este ano deixaba correr sen estar mirando onde se pisaba
continuamente. De agradecer o chocolate quente do final que nun día
frío fai moita falta o que segue sen arranxarse é o tema das duchas
que non hai que se bañe alí se o día está frío a auga todavía
sae máis fría. Para o ano se as lesións o permiten volveremos a
esta carreira que segundo dixeron é posible que fagan unha paralela
de máis distancia e tirando máis cara o trail.
PD: Fotos cortesía
de Xurxo, Jorge Carreira e Concello de Boborás. Gracias!!
0 comments