I Carreira Nocturna Solidaria de Nadal Concello de Vedra
- xaneiro 02, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Primeira carreira do ano e onde mellor que correla na casa, por
iso despraceime ata Vedra onde se celebraba a I Carreira Nocturna
Solidaria de Nadal Concello de Vedra sobre unha distancia de 6,5 km
aprox.
O obxectivo será o podio xa que correr na casa sempre é un
aliciente e estarei máis motivado para sacar forzas de onde non as
haxa.
Unha vez que cheguei a Vedra, fun recoller o dorsal e a
entregar os alimentos que levaba xa que o fin desta nova carreira e
recadar alimentos para entregarllos aos Servizos Sociais Municipais.
Xa co dorsal fun quentar un pouco, saudar a coñecidos das carreiras,
a parte do equipo que hoxe se desprazaba ata alà e sacar a foto con eles.
Colocados para a saÃda, quedeime nas primeiras posicións xa que o obxectivo era o podio e tiña que saÃr forte dende o principio. Tras darse o comezo da proba arranquei forte intentando seguir o ritmo que se estaba a marca no grupo aÃnda que ao ser nocturna e meternos por camiños sen iluminación Ãa con coidado de onde estaba a pisar.
Por esa zona pásanme varios corredores pero unha vez se chegou a unha zona onde estaba máis iluminada cambiei de ritmo e empecei a gañar posicións ata que cerca do km 3, comezo a sentir unha dor punzante na zona abdominal que apenas me deixa respirar e que me obriga a reducir considerablemente o ritmo e ver como me comezaba a adiantar xente sen eu poder facer nada. Dous dos compañeiros de equipo que me pasan pregúntanme se Ãa ben pero xa se imaxinaban que me dera flato. A dor durarÃame cerca de km e medio e xa polo km 4,5 recupérome algo e comezo a recuperar o ritmo que levaba, aÃnda que xa coas aspiracións ao podio perdidas decido intentar acabar o mellor posible e volver a tirar forte. Logro recuperar un par de posicións e chegar a meta con algo de dor e que seguirÃa con esa molestia ata que volvÃn a calma.
O final posto 14º de 250 e 6 da categorÃa, con un tempo de 24:00 que equivale a un ritmo de 3:42 min/km. O obxectivo non puido ser cumprido por culpa do pinchazo que sufrÃn pero que se non me chegara a dar posiblemente o lograra, posiblemente paguei os excesos navideños.
Podio Absoluto:
1. Pedro Nimo del Oro ................... 21:23
2. Amadeo Abal Chaves ................ 21:29 +6
3. Jose Manuel Iglesias Torres ....... 23:03 +1:39
Quédome co bo final que tiven a pesar de seguir coa
molestia e que para o ano intentarei estar no máis alto. En canto a
carreira estivo moi ben e é entretida tendo algunha pendente
pronunciada e zonas onde se Ãa moi rápido. A mellorar para as
próximas edicións serÃa a iluminación xa que habÃa zonas nas que
non sabÃas por onde se Ãa e apiques estiven de ir campo a través
pero polo resto moi ben sendo unha carreira gratuÃta onde o
importante era recadar alimentos para a xente que os precise.
PD:
Fotos cortesÃa de RunPhotos Galicia e Xurxo. Grazas!!
0 comments