VI Carreira do Espíritu Santo
- maio 02, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Hoxe despraceime ata
Muros onde se celebraba a VI Carreira do Espíritu Santo, sobre unha
distancia de 8 km e que sería a primeira vez que participaría.
O obxectivo sería o
de desfrutar das vistas, intentar quedar diante a ver si se podía
seguir coa racha de podios e sobre todo e máis importante axudar xa
que a carreira é solidaria.
Parecía que ía
tocar mollarse pero ao final non foi así xa que a agua non fixo presencia pero si que nos acompañou, durante toda a carreira, un forte aire que en momentos me custaba
avanzar e incluso desequilibrándome, problema de pesar pouco...
Sen apenas quentar
por falta de tempo, colocámonos na saída e comezou a carreira que
empezaba cunha forte baixada duns 200/300 metros ata que se empezaba
a subir para volver ao punto de inicio e coller outro camiño no que
se seguía subindo.
Estaba situado entre os 10 primeiros pero non tiña boas sensacións coas pernas, seguramente falta de adestramento ou non quentar pero unha vez alí había que apertar para ver que se podía conseguir.
Pasamos sobre uns 3 ou 4 km subindo tanto por asfalto como por camiños de terra e despois tocaría baixar uns 2 km, nestas zonas de baixada sobre todo cando baixa polo asfalto mollado, perdín bastante tempo por medo a esvarar e irme ao chan. Mentres estábamos baixando podíamos desfrutar dunhas fermosas vistas xa que íamos mirando cara o mar. Despois desta baixada tocaba subir outra vez xa todo por asfalto onde puiden recuperar e marcar un ritmo constante e creo que rápido intentando dar caza ao grupo que levaba por diante aínda que xa era tarde para chegar e tiven que conformarme pero se dura 1 km máis posiblemente puidera contactar con eles.

Ao final cheguei no 6º posto con un tempo de 32:23 o que equivale a 4:03 min/km. Moi ben polo dura que é a carreira aínda que tiven que
reclamar o posto xa que o meu dorsal non figuraba nos entrados a meta
e tiveron que revisar as fotos ao final só foi un erro ao anotar o
dorsal.
Tamén unha pena que non houbera premios para as categorías como nas demais carreiras porque tocaríame volver subir pero o importante é que sigo aí adiante aínda que as sensación non foron moi boas.
Tamén unha pena que non houbera premios para as categorías como nas demais carreiras porque tocaríame volver subir pero o importante é que sigo aí adiante aínda que as sensación non foron moi boas.
En resumen, unha
carreira moi dura onde non creo que chegue a 1km onde non haxa
costas, sempre subindo ou baixando que sumado ao vento que facía
fixo que fora aínda máis dura pero que dado o carácter solidario
que ten esta proba sempre está ben facela, aínda que vaias de
relax. En canto a organización moi boa pero que se pode mellorar
sinalizando mellor algún cruce xa que houbo momentos nos que non
sabía se seguía polo camiño que era.
0 comments