IX Interrunning Concello de Porriño

Tras a carreira de onte na Estrada, na que pasei unha tarde-noite con bastante dor no tendón de Aquiles e poñéndolle crema anti-inflamatoria ao despertar era xa unha pequena molestia polo que decidín desprazarme ata O Porriño, onde se celebraba a IX Interrunning Concello de Porriño, que este ano por primeira vez estaba homologada e será a miña primeira participación, ademais é un bo circuíto para facer marcar polo que o obxectivo sería intentar baixar a miña MMP pero non ía intentar baixar aos 35min como quixen facer en Padrón só quería baixar a marca que teño dende Riveira 2014 de 38:25.
A carreira era practicamente llana e disputábase a dúas voltas. Tras chegar xustos, fomos xa quentando a recoller o dorsal e meternos nos caixóns. Eu notei un pouco de caos, xa que non había ninguén que controlase a entrada e vin dorsais que non debían estar alí, pero é o de sempre... Unha vez se deu a saída intentaba buscar un sitio onde poder rodar cómodo o km 1, xa que, como non quentara moito tiña que entrar en calor. 
Menos mal que a saída era o suficientemente ancha para atopar sitio e rápido me fun atopando en condición de ir subindo o ritmo. Despois do km 1 xa con ritmo funo subindo sempre intentando coller aos atletas que levaba por diante, no paso polo control establecido no km 3,2 pasei na posición 178º con un tempo de 12:23 e un ritmo de 3:53, bastante ben, ademais sentíame cómodo e nin rastro da molestia do tendón de Aquiles e seguín co mesmo plan de carreira a intentar coller ao atleta que levaba diante xa que cada vez eran máis rápidos o meu ritmo tamén tiña que ir subindo, polo que no paso pola primeira volta, km 5, xa ía no posto 139º con un tempo de 18:51 e un ritmo de 3:47. 

Cada vez custaba máis coller aos atletas de adiante pero sentíame ben e seguín apertando, ademais o ambiente e a xente animando axudaba moito a seguir. No paso polo control no km 8,2 estaba colocado no posto 101º con un tempo de 30:48 e un ritmo de 3:46. A partir de pasar por ese control foi onde me decidín a dar todo o que tiña e empezar a apertar pero sempre controlando para deixar algo para o sprint final porque sabía que me ía facer falta. Eses últimos km foron espectaculares ademais moita xente animando polo que aí gastei todas as forzas que me quedaban e fixen un intenso sprint final onde adiantei a varios atletas.

O final cheguei na posición 90º de 1227 e 27º da categoría con un tempo final de 37:06 e ritmo de 3:43 min/km. Polo que esta será a MMP ata o momento rebaixando a anterior en 1 minuto 19 segundos e o obxectivo da carreira estaría cumprido.
En resumen é unha gran carreira para facer marca, moita xente animando aos atletas, un agasallo para todos os participantes que me agradou moito e boa organización co único inconveniente da entrada nos caixóns que debería haber alguén controlando o acceso.
Agora a seguir adestrando duramente para seguir baixando marcas e acercarme pouco a pouco aos postos de adiante!


Tamén che pode gustar:

0 comments