VI Carreira Popular Abanca Semana Verde
- setembro 03, 2021
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de participar na Popular da Pobra, tocou desprazarse ata Silleda onde se celebraba a VI Carreira Popular Abanca Semana Verde. O percorrido parecía que ía ser o mesmo ao último ano polo que serían 7Km rápidos pero bastante rompe pernas.
Os obxectivos serían:
- Recuperar as boas sensacións perdidas na última proba.
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba acadado no 2019 de 24:47 min.
Nada máis cheguei ao Recinto Feiral fun recoller o dorsal. Como xa ía cambiado para a carreira, tocou ver as carreiras das categorías inferiores mentres chegaba a hora de poñerse a quecer. Cando estaba esperando dixéronnos que había algún cambio no percorrido e que non se ía dar a volta pola recinto que xa íamos saír directamente para fora polo que o intento de mellorar o tempo xa non sería posible.
Chegou a hora e fómonos colocando na saída de 10 en 10 corredores segundo os tempos que lle puxeramos ao hora de inscribirse. Así quedei colocado no segundo dos grupos e tras esperar 30 seg. despois da saída do primeiro grupo foi a nosa quenda.
Arranquei bastante ben e rápido pero xa controlando o reloxo para que non me pasara como na proba anterior que acabei pagando o esforzo dese primeiro km onde polo normal a xente aperta máis. Tras saír do recinto o percorrido prestábase a ir rápido xa que era todo baixada sobre uns 800m.
Dende aí comezamos a subir outro tanto, uns 800m. non era unha subida moi forte pero xa lle ía chegando, sobre todo os últimos metros. A partir de aí tramo rompe pernas xa que baixabas unha recta xiro e subías outra.
Así foron pasando os km's ata que chegando ao km 4 comeza unha forte subida e constante que se estendería sobre 1 Km con unha parte final onde a piques estiven de botarme a andar pero conseguín manter a cadencia e non pararme.
Xa só quedaba unha longa recta onde perdín dous postos pero xa ía no límite coas pernas e entrar de novo no recinto feiral por onde saímos e chegar a meta completando unha distancia de 5,5Km dos 7km que estaban anunciados.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 14º de 119.
- Posto categoría: 4º
- Tempo: 21:19 min.
- Ritmo: 3:49 min/km
Os obxectivos a medias xa que non se puido intentar mellorar o rexistro do 2019 pero as sensación non foron malas de todo. Quitando esa subida final que tiña ganas de botarme a andar, sentinme ben e as pernas responderon.
En canto a carreira o percorrido sufriu a variación por dentro do recinto pero unha vez fora foi igual que o último ano. Houbo problemas coas clasificacións, non sei o motivo pero foi un pouco desastre xa que había moitos corredores reclamando. Avituallamento intermedio, final e medalla para todos.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Abel Barros González ... 19:14
- Alejandro Pesado Fernández ... 19:29
- Dani Paz Pardo ... 19:34
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 22:08
- María Carballido Castro ... 24:30
- Nerea Lage Gil ... 24:55
0 comments