XX Carreira Popular Concello de Ames
- outubro 20, 2019
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras as últimas probas de posta a punto, tocou empezar a buscar obxectivos máis ambiciosos. Para iso despraceime ata Bertamiráns a disputar a XX Carreira Popular Concello de Ames, sobre unha distancia de 10K a cal está homologada e con un percorrido propicio para facer unha boa marca.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar a marca que teño nos 10K que é de 35:50 min. acadados na San Martiño de Ourense 2018.
Ao igual que a semana pasada, tocou madrugar máis da conta pero desta vez non me levantei para ver a F1 senón que era a quenda de MotoGP. Rematada a emisión, xa me dirixín cara Bertamiráns e tiven sorte porque foi chegar e atopar un sitio onde aparcar. Fun recoller o dorsal e volvín para o coche para cambiarme e poñerme xa a quecer aínda faltaban uns 30 min. pero estaba unha mañá fría e con néboa polo que mellor ir quecendo antes de que me collera o frío.
Faltaban 5 min. e funme colocando na arco de saída, estaba bastante ben colocado polo que non debería ter problemas en arrancar ben. Así cando todo estábamos preparados soou o pistoletazo que deu comezo a proba.

Foto: Concello de Ames |
Como imaxinei arranquei bastante ben, xa facía tempo que non saía sen problemas. Rápido me puxen a marcar uns ritmos fortes, tanto que aos 500m mais ou menos mirei o reloxo e tiven que controlarme un pouco porque senón ía rebentar pronto. Así os tres primeiros km's fun gañando moitos postos e rodando por debaixo do ritmo obxectivo de 3:35 min/km. O terreo aínda que tiña algunha pendente apenas se notaba e era como un sube e baixa constante pero practicamente llano.
O km 3 e 4 eran os máis duros por unha longa recta que parecía non ter fin e picando levemente cara arriba no que tiñas que estar dando zapatilla seguido, nestes dous km's fóiseme un pouco o ritmo pasando a rodar en 3:37 e 3:38 min/km.
Rematada esa recta collíamos cara a meta onde tiñamos que dar un xiro para dar outra volta ao percorrido e onde estaba o punto de control do km 5 no cal marquei un tempo de 17:46 min. que supoñía un ritmo medio de 3:32 min/km. Nada mal xa que só fixen 4 seg. máis que a miña marca nos 5K polo que de facer o mesmo tempo iríame a 35:32 min.
Tras o xiro tocaba darlle outra volta ao percorrido, xa comecei a notar as pernas cansas e estábame custando máis seguir con ese ritmo pero na cabeza tiña metido que era o día de conseguilo e cando vía que comezaba a afrouxar volvía a tirar con máis forza. Isto fixo que seguira gañando algún posto.
Así fun ata o km 8, este km foi o máis lento que fixen saíndome a 3:42 min/km isto fixo que me alcanzasen corredores por detrás que viñan facendo mellor tempo na segunda volta. Cando me adiantou un compañeiro do Atletismo O Pino decido forzar para intentar aguantalo porque senón ía perder moito tempo xa que as pernas non estaban para moito máis. Durante toda a longa recta fun aguantando o que me axudou a seguir co ritmo de antes aínda que seguía rodando por encima do obxectivo. Remada a recta, encaramos a meta que se me fixo eterna, o compañeiro de O Pino animoume nos últimos metros para que conseguira o obxectivo. Eu ía roto, vía o tempo ao lonxe e como ían caendo os segundos. Pouco a pouco estaba mais lonxe de acadar o obxectivo e tras dar todo o que tiña nos últimos metros crucei a meta.

Foto: Sandra Alonso |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 25º de 443.
- Posto categoría: 6º.
- Tempo: 35:51 min.
- Ritmo: 3:35 min/km.
O obxectivo non foi conseguido e quedeime a 1 seg. de igualar a marca. Cando crucei a meta estaba frustrado por quedarme tan preto e non dar conseguido o obxectivo pero despois xa recuperando o alento tocou ver a parte positiva e é que no primeiro intento que fago despois do período de verán (no cal botei case dous meses sin correr), estou a un bo nivel e seguramente con un pouco máis de adestramento consiga o obxectivo no próximo intento (dentro dun mes).
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alejandro Fernández Rivera ... 29:57
- Manuel A. Penas Blanco ........... 30:23
- Nuno Costa ................................... 30:44
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Joselyn Brea Abreu ................ 33:44
- Tina Fernández ........................ 37:35
- María González Martínez ... 38:31
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Concello de Ames e Sandra Alonso (La Voz de Galicia). Moitas gracias.
0 comments