XLII Carreira Pedestre de Santiago
- outubro 27, 2019
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou correr a mítica carreira de Galicia, a Carreira Pedestre de Santiago xa na súa 42º edición. Cunha distancia de 12Km percorrendo as calles de Santiago de Compostela e rematando na Praza do Obradoiro.
O obxectivo sería:
- Mellorar a marca que teño nesta proba que é de 44:37 min. acadados o ano pasado.
Xa co dorsal recollido nos días previos, cheguei a Santiago coa sorte de que saía un coche e puiden aparcar a primeira. Menos mal porque foi aparcar, colocar o dorsal e xa faltaban 10 min. para o comezo da proba polo que fun a trote cara o arco de saída. Alí tiven que facer sitio para poder entrar no caixón que me correspondía ata que quedei colocado practicamente adiante de todo. Chegada a hora sin case darme conta soou o pistoletazo de saída e deu comezo a proba.
Foto: Puri Sangiao (El Correo Gallego) |
Arranquei bastante ben, gañando postos e iso que a proba arranca xa con unha subida por Xoan XXIII. Aínda así non me acababa de sentir cómodo, notaba as pernas pesada e aínda que estaba xa rodando a un ritmo moi bo non tiña boas sensacións. Así fun ata o km 2 onde debían entrar en calor e xa me sentía mellor.
Foto: Antonio Hernández/Fernando Blanco (El Correo Gallego) |
A partir do Km 2 o ritmo seguía sendo moi bo pero xa con sensacións de que podía aguantar ben así durante toda a proba. Tamén influía que a partir de aí o terreo volvíase máis favorable ademais seguía gañando postos pouco a pouco.
Así fun ata a Calle de Santiago de Chile polo km 5,3. Quitando o primeiro quilometro e medio podías dar zapatilla con gusto pero nesa calle comezaba a poñerse complicada a proba. Tocaba subir durante 700m ata o Campus Sur xa no km 6. No km anterior xa levaba unha respiración axitada e veume ben para recuperar un pouco xa que non apertei moito subindo e fun máis intentando manter o ritmo dos corredores cos que ía.
Chegamos ao Campus Sur e xa se podía dar zapatilla outra vez pero non me sentía cómodo, tiña mucosidade na garganta que non me deixaba respirar ben. Chegando a Alameda había que subir outra vez antes de enfrontarnos ao máis duro da proba. Esta subida era máis curta duns 300/400m pero este ano creo que me custou máis subir, posiblemente estivese pagando o esforzo dos primeiros km's.
Xa pola Rúa Galeras era a quenda de recuperar o alento e prepararse para Vite. En Galeras esta o punto de control, km 7,45, onde pasei no posto 65º con un tempo de 27:07 min. que supoñía un ritmo medio de 3:38 min/km. Un pouco máis adiante do punto de control estaba o avituallamento do cal pasei, eu xa só ía pensando en subir Vite.
Antes da subida de Vite, había que subir cara Vista Alegre nese punto km 8 aprox. comezaron os problemas, xa non só levaba mal a respiración senón que apareceu o flato. Un dor punzante nun costado que aínda me fixo respirar peor. Aí comecei a pensar que non ía dar conseguido o obxectivo e que Vite se me ía facer eterno. Comecei a ir un pouco máis tranquilo para ver si recuperaba. Chegamos a Vite e parecía que xa todo volvía a normalidade, intento engancharme a dous corredores que me estaban adiantando para volver a entrar en carreira e máis ou menos o consigo, só na parte final de Vite se me fixo dura pero cos ánimos da xente que sempre hai nese punto lévase mellor.
Rematamos Vite, km 9,8 e como quen di a proba estaba rematada, quedaban uns 2km dando todo o que che quedaba polas rúas da zona vella. Que rápido pasa esa zona, dáche a sensación de que en calquera curva non vas dar xirado, para min unha das mellores zonas sempre con gran número de público animando.
Cerca do último km perdín un posto porque tomeime as curvas con máis tranquilidade xa que o chan estaba mollado e tiña medo de esvarar, pero a posición era o de menos, só pensaba no tempo e durante a rúas da zona vella fun remontado e recortando segundos ao crono que perdera antes de Vite. Así cheguei a Praza do Obradoiro, apertando ata o final para poder conseguir o obxectivo.
Así fun ata a Calle de Santiago de Chile polo km 5,3. Quitando o primeiro quilometro e medio podías dar zapatilla con gusto pero nesa calle comezaba a poñerse complicada a proba. Tocaba subir durante 700m ata o Campus Sur xa no km 6. No km anterior xa levaba unha respiración axitada e veume ben para recuperar un pouco xa que non apertei moito subindo e fun máis intentando manter o ritmo dos corredores cos que ía.
Chegamos ao Campus Sur e xa se podía dar zapatilla outra vez pero non me sentía cómodo, tiña mucosidade na garganta que non me deixaba respirar ben. Chegando a Alameda había que subir outra vez antes de enfrontarnos ao máis duro da proba. Esta subida era máis curta duns 300/400m pero este ano creo que me custou máis subir, posiblemente estivese pagando o esforzo dos primeiros km's.
Xa pola Rúa Galeras era a quenda de recuperar o alento e prepararse para Vite. En Galeras esta o punto de control, km 7,45, onde pasei no posto 65º con un tempo de 27:07 min. que supoñía un ritmo medio de 3:38 min/km. Un pouco máis adiante do punto de control estaba o avituallamento do cal pasei, eu xa só ía pensando en subir Vite.
Antes da subida de Vite, había que subir cara Vista Alegre nese punto km 8 aprox. comezaron os problemas, xa non só levaba mal a respiración senón que apareceu o flato. Un dor punzante nun costado que aínda me fixo respirar peor. Aí comecei a pensar que non ía dar conseguido o obxectivo e que Vite se me ía facer eterno. Comecei a ir un pouco máis tranquilo para ver si recuperaba. Chegamos a Vite e parecía que xa todo volvía a normalidade, intento engancharme a dous corredores que me estaban adiantando para volver a entrar en carreira e máis ou menos o consigo, só na parte final de Vite se me fixo dura pero cos ánimos da xente que sempre hai nese punto lévase mellor.
Rematamos Vite, km 9,8 e como quen di a proba estaba rematada, quedaban uns 2km dando todo o que che quedaba polas rúas da zona vella. Que rápido pasa esa zona, dáche a sensación de que en calquera curva non vas dar xirado, para min unha das mellores zonas sempre con gran número de público animando.
Foto: Caldas de S.Jorge Sport Clube |
Foto: Tere |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 68º de 2295.
- Posto categoría: 10º.
- Tempo: 44:24 min.
- Ritmo: 3:42 min/km
Obxectivo conseguido. Logrei mellorar a marca en 13 seg. esperaba mellorar un pouco máis pero despois de sufrir na parte máis dura da proba pensando que non ía dar conseguir o obxectivo ao final puiden recuperar e facer unha última parte da carreira moi boa e acadar este tempo.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Sergio Sánchez Martínez ... 36:42
- Nuno Costa ... 36:43
- Iván Roade Lago ... 36:51
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Joselyn Brea Abreu ... 41:58
- Ester Navarrete Santana ... 42:18
- Uxía Pérez Bugarín ... 42:22
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: El Correo Gallego, Caldas de S. Jorge Sport Clube, Tere. Moitas gracias.
0 comments