XXXIX Carreira Popular de Negreira

Só disputara esta proba unha vez dende que estou correndo no 2015 e este ano tocáballe volver a XXXIX Carreira Popular de Negreira "A Clásica" cunha distancia de 10Km homologados nun percorrido de dúas voltas. 

O obxectivo sería:
  • Ao estar homologada, intentar mellorar o tempo que teño nesta distancia que é de 36:09 min. acadados en Riveira 2017.
Cheguei a Negreira, había unha boa temperatura para correr aínda que con algunha nube ameazante de chuvia pero eu mirara o tempo para a carreira e non se esperaba auga. Tras recoller o dorsal fun ver a chegada a meta da proba de 5Km mentres esperaba a hora para poñerme a quecer. 
Chegado o momento, acabei de cambiarme e púxenme a quecer. O ceo comezouse a cubrir e empezou a chover... As previsións que eu vira foron erróneas e tocou mollarse durante todo quecemento. As sensacións non estaban sendo boas non sei o motivo pero estábame custando entrar en "modo competición".
Cando fomos chamados para a liña de saída, coloqueime na zona dianteira pero algo atrasado, xa que, nesta proba hai atletas africanos e creo que todos sabemos como corren... Mentres esperaba a que se dera a saída, estiven falando con un ex-compañeiro de equipo e amigo das carreiras sobre obxectivos de cara o ano que ven.
Non paraba de chover e cada vez a chuvia era máis intensa. Foi nese momento cando se deu o pistoletazo de saída e con moita precaución comezou a carreira.

Foto: Difusión ProSport
Arranquei mal, perdendo moitos postos e sen saber moi ben como afrontar a proba. A idea estaba clara, baixar do tempo obxectivos pero non conseguía atopar as sensacións para ir rápido e menos cando a carreira comeza con 1,5 Km de subida constante non era moita pendente e podíase ir rápido pero non me atopaba nada cómodo, non sei se foi debido a chuvia ou a que non quentei ben pero estábame custando máis do normal. Estaba desconectado da carreira e a verdade é que nese punto xa estaba pensando en tomala como un adestramento bo e intentar mellorar o tempo na próxima proba.

Tras esta "subida" viña unha baixada de cerca de 1 Km. Intentei recuperar sensacións e pouco a pouco funme atopando mellor e entrando en carreira. A altura do polígono sobre 3 Km, xa me atopaba con boas sensación e comecei a render como nas últimas probas. Deixando o polígono atrás viña unha subida importante pero por sorte aí había xente animando e subín moito mellor. Dende aí ata meta era todo terreo favorable polo que continúo apertando intentando recuperar o "tempo perdido" dos primeiros km's.

Así esta primeira volta fíxena nun tempo de 18:29 min. que supoñía ir a un ritmo medio de 3:42 min/km. 

Foto: Difusión ProSport
Comezo a segunda volta con moitas máis ganas que na primeira pero nesa longa subida non conseguín manter un bo ritmo e perdín algún posto (teño que adestrar as pendentes). Tocaba volver baixar cara o polígono e intento apertar máis que na primeira volta polo que vou recuperando postos. Sorprendeume coa forza que conseguín subir a última pendente, a máis dura da proba onde recuperei bastantes postos. Cada poucos metros miraba o reloxo para ver se daba chegado ao obxectivos e mentres había opcións eu seguín apertando a tope pero xusto cando dou o xiro para encarar a recta de meta duns 200 metros, vín que xa marcaba 36 min e non daba chegado polo que desistín do intento e fixen estes últimos metros por inercia xa sen apertar máis. Isto provocou que nestes últimos metros perdese uns 5 ou 6 postos pero xa me daba igual porque ía gañar o mesmo.

Esta última volta fíxena en 18:25 min. que supoñía ir a un ritmo de 3:41 min/km. Mellor que na primeira volta e deixándome levar os últimos 200 metros polo que nada mal. 

Foto: Difusión ProSport
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 66º de 439.
  • Posto categoría: 27º.
  • Tempo: 36:54 min.
  • Ritmo: 3:41 min/km
O obxectivo non o din conseguido quedándome a 45 segundos do meu mellor tempo pero mirando o tempo que fixen a última vez que corrín esta proba, baixei 1 minuto aínda que creo que ten algunha modificación. Penalizado polas malas sensacións do principio non conseguín o obxectivo, non sei o motivo pero supoño que foi un día malo e na próxima proba intentareino outra vez xa que este percorrido a verdade é que non é moito para facer grandes marcas a non ser que sexas un africano porque menudos tempos se marcaron... ¡vaia gacelas!

En canto a proba, moi ben organizada, avituallamento nas dúas voltas e final moi completo. Voluntarios nos cruces, música no zona do polígono xa que aí non había público para animar e mini buses que te levaban ata as duchas. O percorrido aínda que é rápido creo que non é o máis propicio para intentar facer unha boa marca pero si divertido.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. El Hassan Oubadi ......................... 29:45
  2. David Kiplomo Cheboswony ... 29:49
  3. Mohamed Blab ............................. 30:34
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Rebecah Jeruto Cherop ...... 34:01
  2. Paula Mayobre González ... 35:11
  3. Marisa Barros ......................... 35:30
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Difusión ProSport para Carreira Popular de Negreira. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments