I 15K Arousa Norte
- xuño 11, 2017
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois do finde pasado onde disputei o Trail de Vilatuxe, tocou regresar ao asfalto nunha proba de estreo, o I 15K Arousa Norte cun percorrido que unía Riveira e Boiro pola AC-305.
Os obxectivos serán:
- Desfrutar da carreira e das vistas que imos ter do mar.
- Saír atope e tirar ata onde dea, xa que non coñezo o relieve do percorrido.
Nada máis chego a Boiro, xa collo o bus dirección Riveira onde estaba a saída e cando me subo xa me atopo con outro compañeiro de equipo (Carlos) que tamén ía disputar a proba.
Chegamos a Riveira, recollemos o dorsal e como aínda faltaba para a saída imos tomar un café, no meu caso té negro.
Cando faltaba media hora, cambiámonos e poñémonos a quecer, un trote suave e listo xa que estaba facendo bastante calor.
Faltán 5 minutos e somos chamados para a saída, intento poñerme o máis adiante posible pero sen estar en primeira fila xa que o principio sempre me costa coller ritmo. Indo para a saída atópome con un dos corredores cos que me perdín na Carreira Virxe da Guía e quedamos en non perdernos hoxe.
Conta atrás e dáse a saída, arranco tranquilo esperando que se comezase a estirar todo para empezar a marcar o meu ritmo e gañar postos.
Os primeiros 300 m. voume controlando e buscando ritmo, ademais picaban cara arriba, aínda así rápido comezo a gañar postos e tras pasar este repeito comezo a tirar e a gañar moitos postos. A calor non me estaba afectando moito e por sorte nubrouse e non pegaba moi forte o sol.
Sigo tirando é gañando postos, do km 2 ao 3 outra boa costa para despois baixar dirección Palmeira, por momentos penso que é mellor desviar e ir un pouco a praia pero nada, había que seguir tirando que de momento as forzas, sensación e ritmo estaban sendo moi bos.
Volvemos subir cara o Polígono de A Tomada para chegar a Pobra do Caramiñal onde nos desviamos da AC-305 para ir pola enseado do Caramiñal e onde estaba o avituallamento. Eu non son de coller auga aínda que ultimamente e sobre todo con calor estou collendo sempre, máis que nada para tirarma por encima e refrescarme pero neste caso pouco me refresquei xa que a auga estaba tirando a quente.
Deixamos a Pobra atrás e volvemos coller a AC-305, subindo cara o Rio Pedras. Esta subida xa me custou máis, empezaba a notar o cansancio pero por diante estaban lonxe e por detrás tamén tiña un marxe aínda que cada vez menor.
Dende a Pobra ata a rotonda da saída da autovía practicamente foi todo o tempo subindo, tiña as súas baixadas tamén pero maiormente era subir, isto fixo que tivera que esforzarme un pouco máis e provocou que cando estaba a altura do km 10, me comezara a dar flato (un punto), aínda que non me deu moi forte e podía seguir a un ritmo alto pero non daba collido ben o aire e me doía algo.
Dende aí desisto de intentar gañar máis postos e comezo a mirar cara atrás, xa que había un corredor que cada vez estaba máis preto ata que sobre o km 12 me adianta, eu póñome detrás a seguirlle o ritmo e un par de veces lle volvo a pasar e a tirar eu como se fora ciclismo pero cando chegamos a onde comeza a Praia de Barraña en Boiro polo km 13,5 acábanseme as forzas e as pernas xa ían no límite, non daba apertado máis polo que pouco a pouco se me vai escapando sen ser capaz de darlle caza, miro novamente cara atrás e tiña marxe suficiente polo que o último km vouno desfrutando e sufrindo xa que picaba cara arriba e incluso aplaudo ao público que me estaba animando a sacar o último esforzo para chegar a meta.
- Posición xeral: 14º de 181.
- Posición categoría: 7º.
- Tempo: 58:42 min.
- Ritmo: 3:55 min/km.
Os obxectivos cumpridos, desfrutei moito da proba e con ganas de repetir para mellorar o tempo ademais sorprendeume quedar tan adiante xa que ao comezo víase como tiña a bastante xente por diante e non me pareceu gañar tantos postos polo que quedei moi satisfeito co resultado, o único que non me gustou foi o tema avituallamento xa que ca calor que fixo posiblemente dous postos eran mellor e se a auga estivera algo máis fría tamén.
Como curiosidade por primeira vez me fan unha "entrevista" para comentar que tal a carreira e como me foi nela (co falador que eu son...), ata parece que entendo do tema.
Como curiosidade por primeira vez me fan unha "entrevista" para comentar que tal a carreira e como me foi nela (co falador que eu son...), ata parece que entendo do tema.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Jorge Crespo Arias ....................... 49:13
- Javier Paredes González ............... 51:52
- Jose Lojo ....................................... 52:19
- Esther Rodríguez Díez .................. 59:01
- Sofía Freaza Otero ........................ 1:02:30
- Tina Fernández .............................. 1:02:50
0 comments