XIV Carreira Popular Virxe da Guia

Festivo en Galicia, día das Letras Galegas e para celebralo, a correr a Riveira a XIV Carreira Popular Virxe da Guia (10K), aínda que ata o último momento non sabía se ía participar. Creo que foi a primeira vez que máis tardei en inscribirme e é que só faltaban 5 minutos para o cerre das inscrición cando decidín asistir porque a Carreira Camiño das Letras deixoume de regalo unhas maniotas importantes e non sabía se ía dar recuperado para correr.

Tras ler a crónica do 2015 e recordar como era esta proba, vou cos obxectivos de:
  • Apertar ata onde as maniotas me deixen
  • Mellorar o tempo que conseguira de 38:09 min
  • Pelexar polo podio como conseguira no 2015.
  • Desfrutar da carreira e das vistas que sempre se agradece correr preto do mar.
Unha vez chego a Carreira (Riveira), vou recoller o dorsal, e como aínda faltaba tempo para poñerse a quecer, vou ver a carreiras das categorías inferiores e saudar a compañeiros das carreiras que cada vez son máis.

Chegado o momento póñome a quecer e parecía que as maniotas non ían ser problema pois de momento non sentía ningunha molestia, algo que me sentou como máis motivación para intentar chegar ao podio e antes de colocarnos na saída, sacamos unha foto da representación do equipo.


Colócome practicamente adiante de todo, aínda que non me gusta esa sensación xa que non son de saír tirando moi forte dende o comezo porque me costa entorno a 1 km coller o ritmo rápido e poñer a velocidade de cruceiro pero como non eramos moitos pois alí estaba en primeira fila.

Dáse a saída e intento tirar para seguir o ritmo dos favoritos pero xa me comezan a pasar algúns corredores e intento seguilos (as saídas non son o meu forte) para non perder moito tempo mentres atopo ritmo de competición.

Así foi pasados 1 ou 2 km's comezo a gañar postos pouco a pouco e como por diante non ía moita xente levaba a conta no posto que ía.


Todo foi ben ata cerca do km 4 onde tras pasar pola casa dunha señora que nos refrescaba cunha mangueira, nos metíamos polo medio dunhas casas, eu ía perseguindo a outro corredor e nun cruce nos metemos polo camiño que non era ata que nos damos de conta que por aí non debía ser xa que por diante non se vía a ninguén e por detrás tampouco viña nadie, damos a volta e seguimos polo percorrido correcto, fomos 4 os que nos equivocamos. Tranquilamente perdimos un minuto pero son cousas das carreiras.

Unha vez enganchamos de novo a carreira, vin ao lonxe o lugar que levaba antes de perderme polo que tocou remontar e comecei a tirar como se me estivera xogando a vitoria, ritmo forte e constante, pouco a pouco fun gañando posicións, Da frustración que levaba, xa que polas miñas contas antes de perderme ía 8º,  collín auga no avituallamento, normalmente nunca collo, para botala por encima e refrescarme xa que co esforzo que estaba a realizar comecei a suar bastante e iso que non facía moita calor.

Nos últimos 3 km comezo a adiantar aos corredores que ían detrás miña antes de perderme e que me preguntan que me pasara que ía diante deles, tras dicirlle o que pasara danme ánimos a seguir tirando e así fago a falta de 2 km volvo estar no posto que ía antes de perderme pero xa ía destrozado, case sen forzas e quedaba o peor da carreira, o último km que era todo subindo.


Ese último km fíxose eterno e perdo dous postos xa que era incapaz de seguilos, as pernas xa non respondían e comezaba a sentir como se me fora dar un tirón nos isquios polo que decido non forzar máis e controlar a posición aínda así, teño que sprintar un pouco xa que unha última mirada atrás vin como se me estaban acercando e houbo que apertar un pouco para conservar posición e acabar frustrado por perderme ata que miña nai me dixo o posto no que cheguei xa que igualei o resultado de fai dous anos.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 10º de 106.
  • Posición categoría: 2º 🏆
  • Tempo: 38:45 min.
  • Ritmo: 3:53 min/km

Os obxectivos cumpridos a pesar de perderme e por conseguinte non poder mellorar o tempo, sei que se non me chego a perder melloraba o tempo e conseguín chegar ao podio, así que contento co resultado e sobre todo coas sensacións e ritmo que tiven na carreira, sabendo que é un continuo sube baixa que che destroza as pernas.

Durante a entrega de trofeo fíxose unha homenaxe a Virginia Villar Soria, unha das atletas máis laureadas do atletismo galego, velocista e recentemente retirada da alta competición, mantendo os récords galegos absolutos de 100 metros vallas ao aire libre e de 50 metros lisos en pista cuberta.


Para rematar, tras a entrega de trofeos e mentres facían sorteos de material deportivo, estaban repartindo paella a todos os asistentes, algo que nunca vira e que me sorprendeu.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Jose Lojo ................................... 34:32
  2. Saúl Zúñiga Rodríguez ............. 36:09
  3. Ernesto Buceta Pouso ............... 36:15
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Elena Matalobos Redondo ........ 43:40
  2. Paula Seoane Fernández ........... 46:39
  3. Montserrat Silva Fernández ...... 48:06
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Veciños de Carreira e Lisardo Vilar Fotografía. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments